Goza dun Umia limpo
O Sábado 30 de setembro convidámoste a gozar do noso río.
A proposta é, pola mañá, as 11h. Quedamos en Ponte Arnelas, na Ponte dos Padriños, para participar na X LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS GALEGOS do Proxecto Ríos.
Esta actividade celebrarase en máis de 50 ríos galegos durante a fin de semana e ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados e de que a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais.
O CES coordinará a limpeza nun tramo do río Umia o sábado 30. Nós levaremos o material preciso. Trae roupa e calzado axeitado.
Logo, as 15h, iremos disfrutar do río facendo un DESCENSO EN KAYAK, cunha empresa e monitores especializados. Sairemos de Caldas (inmediacións da fábrica Clesa) e baixaremos ata Baión. A actividade ten un custo de 20€, hai que ir vestido con roupa que se poida mollar (bañador) e traer roupa seca para cambiarte, calzado que se agarre ao pé e gañas de remar (que a embarcación non se move soa, eh!). A actividade ten unha duración de 3h. Os menores de idade deben ir acompañados dun adulto. Avísanos se tes pensado participar, mandándonos un whatsapp/sms ao tlf (680.580.086) ou enviando un correo a cesalnes@yahoo.es co teu nome e tlf.
Vémonos!
Deixar unha resposta