Publicado por: garza18 | 25/06/2017

A MACROCELEBRACIÓN DE SAN XOAN NA PRAIA DE MONTALVO CAUSA PROBLEMAS AMBIENTAIS GRAVES

Pisoteo das plantas dunares, molestias sobre a zona de aniñamento dunha ave catalogada como Ameazada, lixo, ruído e a acampada libre son os principais problemas que causou en Montalvo (Sanxenxo) a macrocelebración de San Xoan, segundo valoran Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO- Pontevedra) e o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES)

O pase de diapositivas require JavaScript.

Outro ano máis a praia de Montalvo convértese no centro das celebracións de Sanxenxo durante a noite máis curta do ano. Miles de persoas fixeron fogueiras, botellón e celebraron a noite de San Xoan.

Esta máxica e tradicional celebración non debe ter cabida en praias como as de Montalvo que conta cunha duna de grande valor ambiental e turísico. E mais cando se trata dunha macrofesta onde ducias de autobuses acudiron de xeito organizado a levar e recoller aos miles de participantes a este areal.

Os valores ambientais desta praia e a súa duna radican na fauna e flora dunar, especies de gran fraxilidade ante o pisoteos e os movementos de areas. Entre a fauna destaca unha das aves europeas máis ameazadas, a Píllara papuda (Charadrius alexandrinus), especie calificada como en estado Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. A propia Xunta de Galicia incluíu esta praia dentro do Plan de Recuperación desta especie. O grupo da SEO -Pontevedra leva anos facendo o seguemento da poboación repoductora desta especie nas praias da nosa comarca. O último niño do que se ten constancia en Montalvo é de hai tres anos e sábese que foi destruído durante a celebración dese San Xoan e o valado que o protexía acabou queimado nunha fogueira. Dende entón hai presenza de píllara en Montalvo, con intento de aniñamento, pero ata o de agora sen exito debido ás múltiples molestias que soporta e que as administración  (e a sociedade) deben velar por minimizar para salvar da extinción a esta ave.

Socios do CES acudiron esta maña a ver os danos da celebración e a súa valoración foi moi negativa: lixo por toda a praia e duna, restos das fogueiras e xente durmindo en tendas de campaña entre as dunas, xa que a acampada libre está prohibida.

As molestias á fauna é flora foron moi evidentes, ademais da contaminación xerada polo lixo que inevitablemente chegou ao mar.

É preciso salientar que do bo estado ecolóxico da duna primaria depende o funcionamento da dinámica de intercambio de areas entre a praia e a duna. O seu deterioro ocasiona a erosión deste areal tan turístico.

Para a SEO-Pontevedra e para o CES, faise preciso un ordeamento desta actividade, que pasarían por medidas como valar as dunas, ordear os accesos, maior vixilancia no cuprimento da lei… e se se queren previr estas situacións definitivamente, levar estas macrocelebracións a praias que non atesouren estos valores ambientais (praias sen duna e xa moi alteradas), coas que tamén conta o Concello de Sanxenxo.

O CES solicitou esta semán ao Concello de Sanxenxo que non se deran autorizacións para fogueiras nesta praia (coñecendo os impactos doutros anos). Agora, cando o dano xa está feito, animamos aos responsables municipais a traballar nas alternativas para que no vindeiro ano non se volte a repetir.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: