Publicado por: garza18 | 26/05/2017

O CES LEVOU A CABO DURANTE ESTE MES DE MAIO O PROXECTO EDUCATIVO “COIDEMOS AS NOSAS DUNAS” NO IES DE SANXENXO

Durante este mes de maio, educadores ambientais do CES levaron a cabo no IES de Sanxenxo un proxecto de coñecemento e concienciación sobre a importancia de conservar as dunas e a súa singular vexetación en xeral, e sobre a necesidade de conservar e continuar a restauración do espazo dunar de Baltar, en particular.

As actividades levadas a cabo foron as seguintes:

Charla-presentación levada a cabo durante os días 11 e 12 de maio cos alumnos de 1º e 4º. Nela tratáronse conceptos como os tipos de dunas, o ecosistema dunar, adaptacións da vexetación, funcións das dunas, motivos para a súa conservación, e principais impactos que sufren estes espazos. Ademáis se mostraron imaxes recordando como era o ecosistema dunar de Baltar décadas atrás e un repaso da súa evolución dende entón para explicar a actual degradación dunha parte del. Tamén se facía fincapé na necesidade de que o servizo de Costas continúe coa rexeneración da duna gris ou secundaria iniciada no ano 2007.

Saídas interpretativas polas dunas da praia de Baltar ou Portonovo, durante os días 16, 18 e 19 de maio cos alumnos de 1º e 4º. Nelas os alumnos descubriron moitas especies propias dos ecosistemas dunares e as súas singulares adaptacións, usos tradicionais e outras curiosidades… Ademáis de outras especies como as exóticas invasoras ou outras non propias destes ecosistemas, presentes en Baltar debido aos recheos, aplanamentos e desbroces que se fixeron neste lugar durante anos.

Eliminación de especies exóticas invasoras nas dunas de Baltar durante a mañán do 24 de maio, coa colaboración do concello de Sanxenxo, que nos prestou ferramentas, axuda dos operarios, e encargouse de xestionar os especímenes arrincados. Nesta actividade participaron os alumnos de 4º de ESO, e centrámonos en eliminar dúas especies: Cortaderia selloana (herba da Pampa) e Carpobrotus sp (uña de gato ou herba de coitelo).

 


Agradecemos ao IES de Sanxenxo a súa colaboración, así como a súa intención de continuar con este proxecto en vindeiros cursos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: