Publicado por: garza18 | 18/05/2017

PROSPECCIÓN DE PRIMAVERA DO UMIA: PROXECTO RÍOS

Ven chequear a saúde do Umia a través do recoñecemento da bichería que o habita e outros parámetros

O sábado 20 de maio ás once da mañá quedaremos na Ponte dos Padriños en Pontearnelas – Ribadumia (na estrada vella de Cambados a Pontevedra) para participar na inspección de primavera do río Umia, encadrado no Proxecto Ríos.

Proxecto Ríos é un programa de voluntariado ambiental, no que o CES está colaborando dende fai anos nun tramo do Umia. Consiste na creación de distintos grupos que apadriñan un tramo dun determinado río para levar a cabo o seu estudo e vixilancia ambiental baixo unha metodoloxía común (observación da fauna fluvial e as concentracións de certos contaminantes).

Lembra levar botas de auga; o resto do material preciso será subministrado polo CES.

CONTAMOS CONTIGO!

Advertisement

Respostas

  1. Gustaríame saber o porqué non se pode adecentar parte da entrada de portonovo. As dunas rexeneradas me parecen ben, pero da pasarela de madeira ata o paseo que pasa???? ten que estar todo cheo de Silveiras?? que especies… están no medio de esto??? Protexer o medio Sempre!! , pero tamen sin pasarse.Saludos.

    • Gracias polas preguntas.
      En primeiro lugar, as dunas son montículos de area que poden ir de varios metros a varios centímentros de altura. Hai varios tipos de dunas, todas teñen en común que están formadas de area, pero distínguense no tipo de vexetación: as móbiles ou brancas, máis altas e con menos vexetación (no caso de Baltar, da pasarela cara o mar), e as dunas fixas ou grises,(no caso de Baltar, da pasarela cara o paseo). Estas dunas fixas ou grises son moito máis baixas e planas que as outras, supoño que por eso a xente pensa que non son dunas.

      En segundo lugar, esas dunas grises antigamente chegaban ata a Barrosa, e logo foron ocupadas por campo de fútbol municipal, polideportivo, instituto, centro de día, centro de saúde…(no seguinte enlace podes buscar as fotos aéreas dende 1956 ata 1986-91 http://fototeca.cnig.es/). Moita xente pensa que aí nunca houbo dunas. A memoria pode enganarnos, pero as fotos non minten.

      En terceiro lugar, resulta que na zona comprendida entre carretera e pasarela, esas dunas grises ou fixas foron recheadas en parte con terra, escombros, etc, que o concello botou décadas atrás, ademáis de aplanadas. Ese é o motivo de que hoxe en día haxa alí silvas, canas, grama, gramón, fiunchos…etc, entre outras malas herbas. Tamén como saberás logo foron desbrozadas, expandindo aínda máis as especies anteriores. E tamén pisoteadas e machacadas para facer concertos, chiringos de festas, etc.

      En cuarto lugar, no 2007 Costas rexenerou parte desa duna gris (entrando na pasarela dende Portonovo, primeiro cuadrante a man esquerda). Onde durante miles de anos houbo dunas, no ano 2007 só quedaba xabre e malas herbas, de 1 ou 2 especies. Pois ben, 10 anos despois podemos atopar especies exclusivas de dunas como Artemisia Chritmifolia, Silene scabriflora susp. gallaecica (endemismo do NW da Península Ibérica), Malcomia littorea, Pancratium maritimum, Ammophila arenaria, Crucianella maritima, Eryngium maritimum, Lagurus ovatum… entre outras.
      No resto de tramos entre pasarela e paseo de baldosas, esa duna gris ou fixa está moi degradada e deteriorada, pero aínda quedan zonas con vexetación dunar onde hai especies como Linaria polygalifolia susp. poygalifolia, (endemismo do NW da Península Ibérica), diversas especies de musgos cobertores, Allium sphaerocephallum,Euphorbia terracina, Euphorbia paralias, Rumex sp… entre outras, ademáis das que che citei da zona rexenerada. De feito estas zonas distínguense a simple vista das outras, ocupadas por malas herbas, canas, silvas, etc.

      En quinto lugar, a nós tamén nos encantaría que desaparecesen esas silveiras, grama, canas, gramón (estas dúas últimas invasoras, por certo)…sempre e cando se faga de forma selectiva e non desbrozando a eito e levándose por diante especies de duna,(como se fixo estes anos paralelamente ás pasarelas) ao mesmo tempo que se favorece, con ditos desbroces a eito, a propagación destas malas herbas e invasoras. Pero para eso é necesario por un pouco de vontade por parte do concello, ensinar aos operarios que especies se poden arrincar e cales non, por exemplo. Segar o gramón como se fose un campo de fútbol non é a solución, non facemos máis que propagar estas malas herbas.

      En sexto lugar, levamos anos insistindo a Costas para que sigan rexenerando con area e especies dunares, como había hai unhas décadas.
      Eso sería para nós adecentar a entrada a Portonovo. Porque as dunas, ou feneiros, como lle chamaban cando estiraban alí as redes, forman parte da nosa historia, do noso patrimonio natural e cultural. Porque podemos conservar e recuperar a pouca natureza que nos queda nas inmediacións de Portonovo. Porque os ecosistemas dunares son escasos en Galicia e estas especies só poden medrar alí, co cal temos unha reserva de biodiversidade da que estar orgullosos. Porque é un atractivo turístico ter un xardín natural destas especies, moitas con flores e formas ben bonitas, por certo, que non se atopan en ningún parque ou xardín convencional. Adecentar sería restaurar e poñer en valor este patrimonio natural, cuns paneis debidamente explicados para veciños e turistas ofrecendo rutas guiadas como exemplo de turismo sostible e de calidade. Sería unha boa distinción para Portonovo ser unha das poucas vilas que conserve un espazo dunar co seu valor paisaxístico e de lecer asociado. Porque parques e xardíns son iguais en todas partes.
      ¿Por que en vez de esto ten que estar todo cheo de silveiras? Pregúntallo ao Servizo de Costas. A ver se tes máis sorte que nós, que nunca nos contestan cando lles pedimos que rexeneren.
      Espero terche aclarado as preguntas.
      Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: