Estas son as prinipais actividades que desenvolvemos ao longo do ano 2016:
CUSTODIA DO TERRITORIO:
________________________________________
Proxecto Ríos. Dúas inspeccións ao Río Umia e unha limpeza.
EDUCACIÓN E DIVULGACIÓN AMBIENTAL:
________________________________________
Actividade de observación de aves acuáticas (31 de xaneiro). Actividade monitorizada por Encarna e Gustavo, socios do CES e da SEO.
Escola de verán de Ribadumia. O CES participou monitorizando unha actividade sobre a biodiversidade do Umia. Deseñada e executada por Manolo, socio do CES.
Charla sobre medio ambiente e o CES na residencia de 3ª idade de Ribadumia. Elaborouse tamén sacos anticouza. Deseñada e executada por Marta, socia do CES.
DENUNCIAS e ALEGACIÓNS:
________________________________________
Azud no Umia para abastecer á illa da Toxa.
Sae a exposición pública un proxecto de reforma do azud no río Umia, en Ribadumia. Presentamos alegacións e saímos en presa. O Concello e outras organizacións veciñais e políticas opóñense tamén. Finalmente retírase o proxecto.
Quioscos de praia.
Elaboración dun escrito dirixido aos Concellos de O Grove e Sanxenxo para que se estuden alternativas á instalación dos quioscos sobre as dunas primarias. Reunión co técnico de MA sobre este tema (entre outros).
Reunión co concello polos desbroces na duna de Baltar (Sanxenxo). Reunión en Baltar coa técnica e concellala de MA de Sanxenxo para ver alternativas aos desbroces que fan nos arredores das pasarelas. Comprométense a non facelas.
Tiro ao pombiño. O CES apoiou a campaña levada a cabo pola Asociación Libera e outras asociacións animalistas en contra da celebración deste campionato. Fixeron recollida de sinaturas en Change, reunións co alcalde de O Grove e forzas políticas, e presentaron alegacións á lei de animais domésticos. A lei retira a legalidade para o tiro ao pombiño.
Corta de piñeiros na Lanzada. O CES enviou unha nota de prensa de apoio a esta actuación da Consellería de MA, onde ademais se solicitaba unha mellor xestión das zonas dunares (instalación quioscos, eventos deportivos, alóctonas…).
Limpeza das praias non mecanizada. Ante a polémica levantada polas melloras tomadas polo Concello de O Grove na limpeza non mecanizada da Lanzada e a non retirada da algas, o CES envía a prensa unha nota apoiando estas actuacións e poñendo de manifesto os seus beneficios.
Río Fabaíños. Hai un proxecto do Concello para realizar un paseo fluvial. Un socio do CES está a ir as reunións cos veciños no que estuda as posibilidades do seu trazado. Tamén está a elaborar un informe da biodiversidade do lugar e con elo proporcionar a información para a promoción no Concello da declaración dun ENIL. Tamén enviaronse escritos (asinados por CES, SEO, Anduriña…) informando desta biodiversidade ás entidades competentes para eu o teñan en conta no trazado e para a posibilidade da súa protección.
PROPOSTAS:
________________________________________
Informe con propostas para a instalación de quioscos de praias. Elaborouse un informe para enviar a Consellería de MA e concellos de Sanxenxo e O Grove con medidas a tomar en conta en canto ás autorizacións para a instalación de quioscos nas praias do espazo protexido.
Informe coas propostas de actuación en Rencón. Ante diversas propostas de actuación ante a problemática das inundacións e da seguridade vial o CES elaborou un informe coas medidas que consideramos menos dañinas para o entorno.
EN REDE CON:
________________________________________
-CEMMA
-FEG
-GDR Salnés
E apoiamos os seguintes manifestos:
– Contra o anteproxecto da lei de acuicultura.
– Stop Eucaliptos
– Manifestación Non ENCE
Deixar unha resposta