Descobre un punto quente de biodiversidade en Fabaíños, Portonovo
Ás 9:45 quedamos no aparcadoiro da Igrexa de Adina (Portonovo) dende onde nos desprazaremos ao punto de inicio do roteiro.
Comezaremos nunha zona de cultivo abandoada para logo percorrer bosques de galería, zonas pantanosas, una charca artificial, prados… onde trataremos de ver distintas especies de prantas, aves, insectos, hérpetos… Remataremos sobre as 14:00 e antes do regreso pararemos a xantar no campo (trae comida e bebida, pero pensa que é posible que a teñamos que levar connosco ao longo da ruta)
A actividade estará guiada por Emilio Martínez.
Leva calzado e roupa axeitada (botas de montaña, pantalón longo) así como crema solar e gorro se fai sol.
Esta actividade é de balde e, por suposto, aberta a calquer interesad@
E pola tarde, a Asemblea do CES
Terá lugar na Casa da Cultura da Adina ás 16:15h en 1ª convocatoria e 16:30h en 2ª convocatoria.
Estos serán os PUNTOS DA ORDE DO DÍA:
DE QUE FALABAMOS TAL DÍA COMO HOXE O ANO PASADO?
Lectura da acta da asemblea ordinaria de 2016.
QUE FIXEMOS AO LONGO DO 2016?
Memoria anual de actividades 2016.
CANTOS SOMOS?
Balance de socios 2016.
COMO ESTAMOS DE CARTOS?
Memoria anual económica 2016.
DAREMOS O RELEVO?
Anímate a formar parte da directiva do CES e presentar a túa “candidatura”; comunícanolo por teléfono (680 580 086) ou por correo electrónico (cesalnes@yahoo.es).
QUE CAMIÑOS SEGUIREMOS?
Qué queremos que faga o CES? Cómo queres coidar o noso entorno dende o CES?
ROGOS E PREGUNTAS
Deixar unha resposta