Publicado por: garza18 | 26/01/2016

DEMANDAMOS A AUGAS DE GALICIA CAUTELA ANTE AS OBRAS NA PRESA QUE ABASTECE O CAMPO DE GOLF DA TOXA

canalizacion

O CES tivo coñecemento da tramitación de permisos para remodelar o azud de abastecemento de augas á illa da Toxa. Dito azud está no río Umia, e localízase no lugar de Cabanelas, Concello de Ribadumia. A obra que se está tramitando actualmente consistiría no levantamento dun muro-presa para evitar a salinización da balsa de auga (debida á afectación das mareas) e dunha rampla na conca do río co fin de facilitar o paso da fauna piscícola.

Esta captación de augas foi obxecto de renovación da concesión por parte do Entidade Augas de Galicia en xuño de 2015 e encádrase dentro do Plano Hidrolóxico da Demarcación Galicia costa. Esta concesión permite o abastecemento de auga para o rego do campo de golf da illa da Toxa.

Ademais, en relación a esta concesión, levouse a cabo obras de mellora da canalización destas augas dende Ribadumia ata a Illa da Toxa, atravesando a Enseada do Bao (de Cambados ao Grove), encadrado no espazo natural protexido Umia- O Grove (Humedal protexido, zona ZEPA e Ramsar), coas consecuencias que poden provocar nos valores deste lugar. Ditas obras, ao igual que as da presa, tampouco foron postas á exposición pública.

Segundo información técnica-científica consultada polo CES, as ramplas facilitan o remonte de escollos no río para certas especies como a saboga, pero é un obstáculo infranqueable para outras, como a anguía, que precisa de ribeiras en bo estado. A saboga é un peixe que se citou a súa presenza no Umia fai máis de 15 anos e logo non se volveu citar. Sen embargo lampreas e anguías, aínda que escasas si están presentes na actualidade. As ramplas non facilitan os pasos destas dúas especies. A lamprea, que si podería remontar a rampla, non ten capacidade de saltar sobre o muro- presa que se atoparía ao seu final, e no caso da anguía tampouco debido á construción de escollera nos taludes das beiras ao redor das ramplas que dificultaría o seu paso.

A lamprea mariña e a anguía atópanse catalogados en Galicia como especie en Perigo de Extinción i en España coma especie Vulnerable. Así a Administración, ao xuízo do CES, debe velar por evitar a construción de novos obstáculos nos ríos que evite a normal distribución destes peixes, que poden carrexar problemas no seu ciclo reprodutivo ao ser incapaces de remontar o río e chegar a lugares apropiados para a cría.

Así, o CES en sendos escritos entregados por rexistro a semán pasada á Entidade Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, entidades dependentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, solicitoulles que lles aportara información detallada sobre as condicións da concesión de dito abastecemento de augas, así como das obras de canalización sobre o espazo protexido e na presa sobre o Uma, todo elo levado a cabo sen transparencia ao non expoñelo a exposición pública. Esta falta de aportación de información, que busca a non intromisión e participación da cidadanía, non fai máis que aumentar a desconfianza na xestión que fai a Administración. Ao CES preocupalle en grande medida que estes proxectos, que poden afectar a especies protexidas (lamprea e anguía) e ao espazo protexido Umia- O Grove, se fixeran sen un Estudio de Impacto ou de efectos ambientais, polo cal pediron explicacións nos escritos enviados.
Para o CES é irracional e incomprensible a renovación desta concesión de captación de augas xa que A Toxa na actualidade está unida á rede principal de abastecemento de auga provinte dos depósitos e potabilizadora de Tremoedo, traída de augas que abastece á Mancomunidade de Salnés, incluído o Concello de O Grove. Por isto pediu a Augas de Galicia que reconsidere os termos da concesión e a súa continuidade en base a criterios de desenvolvemento sostible, aos impactos á fauna e flora do río Umia e as súas beiras así como os derivados da canalización das augas a través do Espazo protexido do Umia-O Grove. E todo isto unicamente para un destino tan exclusivo das augas, un ben tan necesario para todos, polo que se debe buscar alternativas máis racionais.
O CES tamén solicitou a Augas de Galicia que evite unha afectación máis sobre o ecosistema do Umia, un dos ríos galegos máis maltratados, e do que se abastece gran parte da poboación do Salnés.

Preme no seguinte enlace para ler o escrito dirixido á Administración:

2016_01_25_azud_cabanelas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: