Publicado por: garza18 | 14/09/2015

EXCURSIÓN ANUAL DO CES: O Barbanza prehistorico.

O domingo 20 de setembro retomamos a excursión ao Barbanza, cancelada o pasado xuño por choivas. Fixarémonos no seu pasado mais antergo e seguiremos os rastros que os primeiros poboadores desa comarca nos deixaron: arte nas pedras, enterramentos e casas.

O programa é:

  • Saída de Portonovo ás 9:00h (marquesiña tras a praza de abastos)
  • 09:30h Cambados. (praza de abadtos)
  • 10:00h Vilagarcía.
  • 11:30 a 14h Ruta das Mámoas, dende o monte Iroite, un dos miradores das rías de Arousa e de Muros-Noia, ata a aldea da Granxa, paseando entre petroglifos e mámoas (iremos por tramos de monte practicables pero fora de pista). Guiaranos Tino Quintela, gran divulgador e defensor ambiental, gran coñecedor deste entorno. A ruta ten una lonxitude de 4,2 Km.

+ info da ruta completa (nós non a faremos enteira): http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3966921

1

Xantar ao ar libre: cada quen que leve comidiña

  • 17:00 a 19:30- Visita ao Centro arqueolóxico do Barbanza, en Boiro. Alí o seu guía mostrarannos a súa exposición, unha proxeccións dos valores arqueolóxicos da zona e faremos unha visita aos castros de Neixón, un dos castros mellor estudados de Galicia.

2

+ info deste centro en www.centroarqueoloxicodobarbanza.org

  • Chegarase de volta ás 20:30h, comezando en Vilagarcía e rematando no Grove.

Xa sabedes que para participar na excursión é preciso apuntarse, chama ao CES (680580086)ou envia sms ou whatsapp indicando nome e apelidos, onde colledes o bus, idade, se eres socío ou non e un telefono de contacto. Tamén podes enviarnos un correo electrónico a cesalnes@yahoo.es. Faino canto antes!!

Prezo da visita: Sócios: 10, Non sócios: 15, Nenos (menores de 12 anos): 5€.

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: