Publicado por: garza18 | 10/08/2015

O COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS PERDE AO SEU PRIMEIRO PRESIDENTE

Os socios do Colectivo Ecoloxista do Salnés queren expresar a través deste comunicado a nosa tristura polo falecemento de Luis Rei Núñez, un dos socios fundadores do CES e o seu primeiro presidente, así como expresar o noso apoio e cariño a amigos e familiares.

Cea_25_24

 

Fai uns anos Luís Rei (gran amigo dos libros) escribiu unha carta aos socios recordando os primeiros pasos da asociación, que el mellor que ninguén describía deste xeito::

“Hai algo máis de vintecinco anos andaba eu preparando oposicións e para
desestresarme facía footing todas as noites. Nas miñas fatigosas andanzas vía avanzar os recheos sobre o mar día a día e pensei que estaría ben fundar un grupo ecoloxista que se chamase Cons da Besuga, porque eses cons pronto serían soterrados.

 Cando xa (felizmente para min) aprobara as oposicións coloquei uns cartaces por Ogrobe adiante convocando a quen tivese interese en colaborar nun grupo ecoloxista. Non lembro cantos eramos (unha quincena de persoas) pero si que ese mesmo día da xuntanza nos constituímos en Asociación Ecoloxista de O Grove…”

Luís plantou a semente do CES e doutras iniciativas que seguen a dar froito na actualidade, o que non é estrano sendo unha persoa coma el foi, repleta de inquietudes, sociais, políticas, culturais e ambientais, cun discurso acertado e vivaz que convencía e divertía.

 

Por ese traballo de sementar e de cultivar ,GRAZAS LUIS, os teus amigos ecoloxistas recordarémoste SEMPRE!.

 

Salnés, 10 de agosto de 2015


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: