Colectivo Ecoloxista do Salnés

Nova desfeita no Rego do Souto en Noalla, Sanxenxo

Advertisements

Durante as últimas semanas, as obras dun novo paseo fluvial financiado con fondos europeos e levado a cabo pola comunidade de montes de Noalla, causa importantes impactos no propio regato, así como na súa flora e fauna.

Nas obras empregáronse escombros e o que parecen restos de cemento moído para facer un camiño enriba mesmo da beira do río, sen cunetas que impidan a caída de dito recheo ao cauce do río, alterando deste xeito a turbidez das augas e con elo as condicións para a vida de numerosos invertebrados e anfibios. Ademáis o lixo dos propios obreiros (guantes, botellas e latas), foi abandonado no propio regato.


Ademáis se arrincaron e esgazaron coa maquinaria pesada árbores do bosque de ribeira, como salgueiros, ameneiros, sabugueiros e loureiros, deixando as propias ramas como parte do recheo.


Tamén fixeron un muro de contención enriba do río duns 20 m, así como un murete para unha especie de estanque artificial, desfixeron un con no medio do río e alteraron o propio curso do río e doutros afluentes del, alterando o nivel hídrico de prados colindantes con orquídeas e unhas 20 especies de odonatos (libeliñas e cabaliños do demo), así como lugares de posta de larvas de anfibios.

Por se esto fora pouco, o punto máis importante de cría da Chioglossa lusitanica (saramaganta galega), especie endémica de Galicia e catalogada como Vulnerable no Catálogo Galego de especies ameazadas, foi alterado polos movementos de terra e o depósito de tubaxes de plástico.

O C.E.S, enviou a principios de xullo varios escritos ao Concello, Conservación da Natureza e Augas de Galicia, solicitando a paralización de ditas obras mentres non se aclare se a obra conta con tódalas autorizacións das citadas administracións, e se estivo a exposición pública. Ademáis esiximos que se tomen medidas correctoras dos impactos e sancionadoras no máis que probable caso de que se incumprise a legalidade. Polo momento seguimos sen recibir respostas nin da Xunta nin do Concello.

Advertisements