Publicado por: garza18 | 20/06/2015

APOIAMOS A MARCHA CONTRA AS CELULOSAS

Este ano, como nas edicións pasadas, apoiamos a MARCHA CONTRA AS CELULOSAS, organizada pola Asociación pola Defensa da Ría.

Marcha_ENCE_2015

Este sábado sairán a partir das 19:30 dende as alamedas de Pontevedra e Marín as marchas para esixir a retirada de ENCE da ría de Pontevedra.

ENCE leva 50 anos coartando o desenvolvemento sostible da ría. Varios son os sectores económicos afectados pola súa presenza (a pesca, o marisqueo, a hostalería…). Varios son tamén os aspectos ambientais afectados (alteración do fondo escénico da ría, modificación brutal dos noso modelo produtivo dos montes e causante da eucaliptización, contaminación das augas das ría, contaminación atmosférica con cheiros pestilentes…).

Por todos estes motivos ENCE debería desaparecer da ría a partir do 2018. No CES apoiamos a longa loita da Asociación pola Defensa da Ría por este obxectivo e comparte con dita asociación a súa desconfianza ante as promesas que ofrece ENCE pola súa permanencia na ría, xa que é medio século de historia da fábrica demostrándonos a súa falta de sensibilidade e respecto ante a lexislación ambiental.

Ver o número da Ría Aberta de Verán 2015: http://www.apdr.info/Principal/RIa.Aberta/Ria%20Aberta_Veran2015.pdf

Ver galeria de fotos das estatuas de Pontevedra protexéndose con mascarillas e apoiando a Marcha:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.910621188999734.1073741841.274485385946654&type=3

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: