Publicado por: garza18 | 07/05/2015

MáIS EUCALIPTOS, AGORA SOBRE ENDEMISMOS GALEGOS EN PERIGO DE EXTINCIóN

ADEGA e a FEG veñen de denunciar unha plantación de eucaliptos na
área de protección da RN2000 do Careón, nunha zona na que están
presentes endemismos botánicos únicos no mundo e en perigo de
extinción.

  Trátase dos endemismos serpentiníticos Santolina melidensis,
Leucanthemum gallaecicum, e Armeria merinoi, consideradas en
perigo de extinción no Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se 
regula  o  Catálogo  galego  de  especies ameazadas, e cuxa
distribución mundial está restrinxida a unhas poucas hectáreas nos
concellos de Santiso, Palas de Rei e Melide.

  A parcela que foi rozada, sometida a subsolado e finalmente plantada
con eucaliptos, sitúase na parroquia de Barazón (Santiso) dentro da
área de maior valor ecolóxico, a de protección,, establecida no Plano
Director da Rede Natura 2000 para a ZEC da Serra do Careón. Esta
actuación contravén os obxectivos de conservación para os hábitats e
especies pertencentes á unidade ambiental _UA321 Matogueiras e medios
rochosos serpentiníticos_, fixados no do Decreto 37/2014, polo que se
aproba o Plano Director da RN2000.
  Na mesma ZEC do Careón, ao longo das numerosas pistas da parcelaria
tamán na parroquia de Barazón, máis flora en perigo de extinción foi
recentemente rozada sen contemplacións.

Cómpre lembrar que para estas especies endémicas e de distribución
limitada a transformación do seu hábitat é o principal factor de
degradación. Eis a causa de estaren consideradas en perigo de
extinción, e a obriga das administracións de tutelar de xeito efectivo
este patrimonio único.

  Dende ADEGA e a FEG chamamos tamén a atención sobre a nula
efectividade do Plano Director da RN2000 que malia a establecer a obriga
de conservar estes fráxiles hábitats e fixando os usos e
aproveitamentos permitidos e prohibidos, rara vez se pon en práctica.
  Só así se explica que nunha área tan fráxil e en teoría
protexida, poidan acontecer estes feitos sen que ningún estamento
administrativo (Medio Ambiente. Medio Rural) interveña para evitalo
denantes de que os colectivos ambientalistas os denunciemos.

Federación Ecoloxista Galega

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: