A respecto dos avisos das administración públicas para o control da actual e importante praga dos cítricos, o Colectivo Ecoloxista do Salnés considera oportuno destacar as seguintes valoracións:
1. A necesidade e mesmo a urxencia na aplicación destes tratamentos debe compatibilizarse co cumprimento das normas sobre aplicación de tratamentos, tales como:
- Só persoas coa formación correspondente a aplicación de produtos biocidas aplique os tratamentos restrinxidos ao uso profesional.
- Manter as precaucións básicas para evitar danos á fauna e ás persoas, en especial preto de auga (regatos, pozos, etc.) e no referente aos prazos de seguridade.
- Evitar a aplicación de produtos tóxicos para as abellas en época de floración (sinalado no propio cadro adxunto).
2. Entre os produtos indicados para o control está o azadiractín, produto biolóxico procedente da árbore de Nim (tamén coñecida como Neem), Azadirachta indica. Por tanto, cun balance ambiental máis positivo e unha menor afección ao ecosistema agrario no seu conxunto, motivo polo que recomendamos que, cando menos, un dos tratamentos a aplicar sexa con este principio activo.
Cadro facilitado polo Depto. Medio Ambiente do Concello de O Grove
Deixar unha resposta