Elaboramos un documento con propostas de xestión ambiental de ámbito municipal para entregar a tódolos partidos políticos que se presenten ás eleccións de maio de 2015 nos concellos do Salnés.
No CES somos conscientes da importancia que xogan os Concellos no desenvolvemento de políticas que aseguren a conservación dos valores do patrimonio natural, melloren a calidade ambiental e de vida dos cidadáns e opten polo modelo da sostibilidade.
Por iso, de cara ás eleccións de maio de 2015 presentámoslle un amplo abano de suxestións para que no seo de cada partido consideren a posibilidade de incluílas no seu programa electoral e as fagan realidade, se as urnas llo permiten.
Este documento consta de:
- Un DECÁLOGO de ECOMEDIDAS URXENTES para o Salnés de carácter xeral, que se poden aplicar en calquera dos concellos da comarca (illadamente ou ben en conxunto), que ao noso entender debe marcar as prioridades de xestión ambiental no Salnés.
- Propostas xerais aplicables en calquera dos nosos concellos, e onde se desenvolve en detalle as “ecomedidas” anteriormente expostas.
- Propostas específicas para cada concello do Salnés nos que máis traballa o CES.
Estas propostas están apoiadas no traballo conservacionista que o CES está a desenvolver na comarca do Salnés dende fai case 30 anos.
Preme no seguinte enlace para acceder ao documento completo:
Deixar unha resposta