Publicado por: garza18 | 15/01/2015

PRESENTAMOS ALEGACIÓNS AO PXOM DO GROVE SOLICITANDO A SÚA REVISIÓN

Presentamos 17 alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de O Grove e ao Informe de Sostibilidade Ambiental asociado, que estivo a exposición pública ata este martes.

De xeito xeral,solicitamos ao Concello que refaga o PXOM, analizando as numerosas alegacións presentadas por veciños e asociacións, e que sexa exposto ao público de novo.

Dun xeito máis específico alegamos que:

– O cálculo de aumento de poboación está sobreestimado o que se axusta máis aos intereses inmobiliarios que ás necesidades dos veciños.

– Na descritiva do medio non se fai referencia a elementos naturais moi destacables. Tampouco se cita nin se cartogrsfía a ZEPA “Espacio Marino de las Rías Baixas”.

– No tocante á afectación ao espazo protexido ZEC Ons- O Grove alegamos en tres aspectos:

  1. Con respecto á ampliación do paseo marítimo ata Ardia, dentro do espazo protexido, afectaría á dinámica costeira, deterioraría os hábitats e provocaría perturbacións ás aves que descansan e se alimentan na marisma.
  2. Cambio de uso do solo nunha parcela no lugar da Igrexa, situada dentro dos límites do ZEC nas inmediacións da lagoa Bodeira que debe ser cualificada, segundo a Lei do Solo Galega, como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais, e sen embargo aparece como Solo de Núcleo Rural Común,de máis posibilidades urbanísticas.
  3. Con respecto á proxección de aparcadoiros nas inmediacións de tres praias situadas dentro do ZEC (Castiñeiro, Mexilloeira e de Con Negro) consideramos que está lonxe das políticas máis modernas de mobilidade sostible, que apostan polas medidas disuasorias ao uso de coche e en pro dos peóns e de transportes máis sostibles (autobuses, bicicletas…).

– Con respecto á ampliación do paseo marítimo por Cantodorxo pode realizarse paralelamente á mellora ambiental da costa, retranqueando o paseo proxectado máis cara o interior en todo o seu trazado, sen alterar ambientalmente a liña de costa, nin proxectalo sobre a lámina de auga, nin degradando zonas de arborado autóctono.

– Os fondos escénicos tras a urbanización de Pedras Negras e en Balea, deben ser consideradas solos rústicos de protección forestal ou paisaxística, e non solos urbanizables nin de protección ordinaria coma veñen recollidos no PXOM. Son zonas que o Plan de Ordenación do Litoral da Xunta as considera como zonas de adecuación paisaxística.

– En tres zonas de Meloxo, Hortos e O Con non debería haber planeamentos urbanísticos nin apertura de vías, dentro da zona delimitada con liña amarela por ser zonas onde se rexistraron inundacións.

– A modo de anexo ás alegacións achegouse unha proposta para que tres zonas do municipio se inclúan dentro da cartografía como espazos naturais de interese local (ENIL) ou como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais:
– Área candidata a espazo natural de interese local “Costa norte do Grove”.
– Área candidata a espazo natural de interese local “Moreiras-Currelos”.
– Área candidata a espazo natural de interese local “San Vicente do Grove”.

Preme nos seguintes enlaces para descargar os documentos completos:

Alegacións_PXOM_O_Grove

AlegacionsPXOM_Anexo

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: