Publicado por: garza18 | 06/11/2014

Participa no rexistro de charcas!

Seguro que moi preto de ti hai unha charca, un lavadoiro ou un tanque cheo de vida esperando a que o rexistres e o coides, e seguro que te preguntas :

Cómo podo rexistrar unha charca? Aquí tes a resposta!! É moi fácil, só tes que seguir os pasos que se indican a continuación.

1) Faite cargo dunha cuadrícula dos mapas que te adxuntamos (esto evitará solapamento estre os que estamos colaborando no prxecto, e seremos máis eficaces). Comunícanolo cun correo a cesalnes@yahoo.es, indicando nome e código da cuadrícula(s) escollidas.

2) Vai á páxina de Charcas con Vida  http://www.charcasconvida.org e clica no apartado INVENTARIADO DE CHARCAS.

3) Que datos necesito ?

a) As coordenadas  xeográficas en graos decimais. Podo obtelas cun GPS ou ben, situándome sobre o mapa que aparece na páxina.

b) Nome da charca , lavadoiro ou tanque (minimamente naturalizado).

c) Nome da entidade, neste caso Colectivo Ecoloxista do Salnés.

d) Observador.

e) Correo electrónico de contacto (podes poñer o do CES, se queres).

f) Tipoloxía da charca (natural permanente ou temporal, artificial, lavadoiro,…), unha pequena descrición e se é posible unha foto.

Agora só tes que colaborar e animarte a participar en equipo, facéndote cargo dunha das zonas do Salnés a inventariar, para así coordinar esforzos e non “pisarnos”. Para o CES é importante dar a coñecer as charcas, por que tras o descoñecemento agóchanse moitas desfeitas ambientais. A ata límite para o rexistro nas cuadrículas escollida sé ata ao 15 de xaneiro (máis é un traballo cuxa actualizaciónn será permanente).

Información obtida da páxina web http://www.charcasconvida.org/charcos-em-portugal

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: