Publicado por: garza18 | 24/04/2014

Recollida de firmas da Plataforma Veciñal Non ao Campo de Golf na Siradella

Dirixida ao Concello do Grove e Deputación de Pontevedra:

Como administradores públicos e representantes da cidadanía, retiren o seu apoio político aos promotores do proxecto Campo de Golf Siradella (LCG Desarrollo & Gestión de Golf, S.L.)

Consideramos que o seu impacto paisaxístico na carta de presentación que é o Monte de Siradella perxudicará a imaxen do noso pobo, transformando nun modelo fracasado como se veu no levante español, consideramos que os administradores públicos deben rexeitar este proxecto por estar enmarcado nunha zona protexida por diferentes convenios e administración Europea, e con máis que previsibles danos paisaxísticos a causa do consumo de territorio, da urbanización do medio natural e da perda de conectores biolóxicos entre espazos naturais, ademáis dun elevado consumo de auga (un sólo campo de golf gasta de media o equivalente ó consumo hidrico de 6.000 persoas) e da contaminación de acuíferos. Ademáis, os campos de golf contribuen á erosión do solo debida por unha parte á magra cobertura boscosa que conteñen, e por outra parte debido ó uso de grandes cantidades de pesticidas e abonos sintéticos.
En definitiva, a destrucción e desfiguración paisaxística total dun entorno natural e de toda a flora e fauna do mesmo. Vemos plausible que detrás da construción do campo de golf no Monte Siradella , con terreos que lindarían co privatizado Sanatorio da Lanzada (transformado nunha pousada), pode esconderse un proxecto urbanístico paralelo. Recordamos que o Monte Siradella, ten unha protección Europea como é a Rede Natura 2000, así como directiva ZEPA e LIC, máis que suficiente para que este proxecto sexa inviable e ilegal.

Preme no enlace para firmar:

https://www.change.org/es/peticiones/concello-de-o-grove-e-diputaci%C3%B3n-de-pontevedra-como-administradores-p%C3%BAblicos-e-representantes-da-cidadan%C3%ADa-retiren-o-seu-apoio-pol%C3%ADtico-aos-promotores-do-proxecto-campo-de-golf-siradella-lcg-desarrollo-gesti%C3%B3n-de-golf-s-l

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: