“25 ANOS DO CES, UNHA VIAXE NO TEMPO”,
Un artigo dos 25 anos do Colectivo Ecoloxista do Salnés.
Un artigo dos 25 anos do Colectivo Ecoloxista do Salnés non pode ser máis que a historia das xentes e do seu facer no tempo. A viaxe no tempo do CES dende a orixe ata o futuro, é unha invitación a recordar como naceu e como se construíu este colectivo e poder así imaxinar un mañá.
“Hai algo máis de vintecinco anos andaba eu preparando oposicións e paradesestresarme facía footing todas as noites. Nas miñas fatigosas andanzas vía avanzar os recheos sobre o mar día a día e pensei que estaría ben fundar un grupo ecoloxista que se chamase Cons da Besuga, porque eses cons pronto serían soterrados. Cando xa (felizmente para min) aprobara as oposicións coloquei uns cartaces por Ogrobe adiante convocando a quen tivese interés en colaborar nun grupo ecoloxista. Non lembro cantos eramos (unha quincena de persoas) pero si que ese mesmo día da xuntanza nos constituímos en Asociación Ecoloxista de O Grove. Tamén lembro a Pedro Benavente e a Moncho Meis traballando desde o primeiro día… e a outros amigos e amigas dos que gardo grata memoria do seu esforzo e colaboración”.
Luís Rei
Preme no enlace para ver o artigo completo: