Publicado por: garza18 | 27/04/2013

MEMORIA CES 2012

MEMORIA CES 2012

Qué fixemos en todo o ano?

logoCES25

ESPAZO PROTEXIDO UMIA-O GROVE:

Alegacións ao Plan Director da Rede Natura.

      • Protección fronte ás novas urbanizacións e recalificacións.
      •  Incluír explicitamente os medios lacustres (lagos e lagoas e renaturalizadas).
      • Visión de ecosistema como rede: evitar efectos significativos sobre hábitats e especies, non só sobre especies clave.
      • Fomentar prácticas ecolóxicos en acuicultura, silvicultura, agricultura e turismo.
      • Prohibir expresamente a introdución de transxénicos (OXM), e maiores limitacións ás plantacións alóctonas.
      • Maior control e inventario do patrimonio histórico e cultural.
      • Mellorar a restauración ambiental (viveiros, reforzamentos, reintroducións, etc).
      • Protexer os espazos da Rede fronte a actividades impactantes e usos irreversibles do solo: campos de golf, kite surf, celebracións masivas, campos de fútbol, fumigacións aéreas, etc.
      • Establecer fortes limitacións á pesca deportiva e a caza.
      • Inversión en información, divulgación e educación ambiental como ferramenta imprescindible na xestión da Rede.
      • No Complexo Umia – O Grove, que se refaga a valoración ambiental e a zonificación. Zona 1 para Lanzada a Magor e para o litoral Revolta_Umia.

Solicitude de ampliación do LIC  Ons-O Grove,

Areais de Paxareiros e Area da Cruz, en O Grove. (hábitats prioritarios, champiñón de duna…).

Senda Verde:

Paseo pola Enseada do Vao, en varias fases: Castrelo, Arfolín, Pasales…O CES solicita o proxecto da Senda Verde (feito por Ministerio MA). A Xunta eximiuno de EIA, polo que non estibo a exposición pública.

Herba da pampa nas rotondas e estradas do Salnés.

Enviose un escrito  concellos e Concesellería de Infraestructuras solicitando a eliminación desta planta invasora nas estradas e rotondas  eque non se empreguen como planta ornamental.

A Revolta:

Seguemento dunhas obras na zona da Revolta (movementos de terra que non se sabía a que proxecto correspondía).

Inicio da revisión do Informe da costa (3º edición).

Un xeito constructivo de celebrar o 25 aniversario do CES, seguindo coa análise do nsos litoral, realizado en 1997 e 2005.

ACTIVIDADES DIVULGATIVAS:

Dia dos Humedais: Aves e Arte na natureza

Visita a Manolo Paz e observación aves no  Bao.

Estrela(DOS) en Cotobade:

Actividade gafe, xá que nas·3 (!!!) convocatorias… NUBES.

Visita Castro de Besomaño (Ribadumia).

Instructiva saída guida polo arqueólogo da deputación.

Observación de aves no outono

Aniversario Prestige:

Exposición do CEIDA: Crónica negra dun modelo enerxético insostible, no auditorio da Illa de Arousa.

Charla contaminación electromagnética

Solicitada polos veciños de Vilariño e Oubiña, xa que tiñan un pleno sobre a ampliación da subestación eléctrica. Asistiron 30 persoas.

Excursión anual: saída botánica á illa de Cortegada e litoral de Carril.

VOLUNTARIADO:

Baltar.

Retirada Herba da pampa, carpobrotus e Artoteca en Baltar.

Proxecto Rios_ Umia.

Duas inspeccións e unha limpeza.

TRABALLAMOS CON OUTROS:

CEMMA: Coidamos da foca Nariga.

GDR

FEG: Acto de desagravio do Carballo

Apoio a Monte Pindo Parque Natural.

Apoio Manifesto SGEA

Anti-touradas en Pontevedra.

Mesa de participación Píllara Escribenta

Asistimos á mesa de participación ambiantal. Prohíbese o kite-surf en determinados sitios, pero non na Mexilloeira; a mesa ambiental intenta que se prohiba.

ALEGACIÓNS

Acondicionamento das marxes do río Umia e senda fluvial por Ribadumia (paseo dende a ponte de Castrelo ata Sisán).

O CES considera que se debería reconsiderar a necesidade do proxecto en tempos de crise. No caso de facelo, diminuír as escolleras e non afectar ás poucas manchas de bosque de ribeira presentes. Tamén presenta problemas na seguridade vial.

Desdobre da Vía Rápida.

Non se argumenta con seriedade a necesidade dunha inversión pública de 20 millóns de euros nesta obra. Para o CES é unha mera especulación establecer unha relación directa entre un incremento significativo do turismo na comarca cunha maior fluidez do tráfico neste tramo. É aventurado afirmar que o desdobre mellora por sí mesmo a seguridade viaria (e menos incrementándose a velocidade máxima a 120 Km/h). Asmedidas de seguridade viaria, como modificacións no peralte, pódense (e débense) levar a cabo independentemente de que se faga ou non o desdobre.

Este proxecto, no seu tramo final afecta ao espazo protexido da Rede Natura Ons-O Grove, nas inmediacións da praia da Lanzada. Presentouse un Estudo de Impacto Ambiental vergoñento (análise da paisaxe doutro lugar, inventarios incompletos,  erros graves no límite da Rede Natura, non avalía alternativas…).

Plan Parcial e ISA da parcela en Padriñán (Sanxenxo).

O CES argumentou a necesidade de sometemento a Avaliación Ambiental Estratéxica xa que o propio POL resalta a importancia paisaxística desta parcela(grao 2)  con respecto á franxa litoral de Sanxenxo (dita parcela está a menos de 500m do litoral). A parcela comprende parte do corredor ecolóxico do regato Navalón (citado tamén no POL).

Seguemento dos avances no PXOM de Meaño.

Presentaramos alegacións no 2008 e non temos aínda resposta nin saíu a memoria ambiental. Calidade Ambiental di que se ten que adaptar ao Plan de zonas inundables si se aproba este Plan antes que o PXOM, si non terían que facer modificacións posteriores. Respecto á lei do Solo do 2009, non terían por qué adaptarse. Parado porque Calidade Ambiental lle pediu documentación no 2009 e non a recibiran ( a data de marzo 2012).

BALANCE DE SOCIOS 2012

O CES fixo un exercicio de realismo e decidiu aclarar a lista de socios que durante varios anos non mantñan relación co colectivo (nin económica nin de traballo).

Socios en 2011=180

Altas en 2012=1

Baixas en 2012=22

O CES conta agora con 159 socios.

CONTAS 2012

GASTOS  2012 3.495,22
INGRESOS  2012 4.411,00
SALDO A 01/01/12 (6.449,83+595,08) 7.044,91
SALDO A 31/12/12  (6.465,27+1.495.42) 7.960,69

Preme aquí para baixar a memoria CES 2012


Categorías

A %d blogueros les gusta esto: