Publicado por: garza18 | 18/04/2013

Asemblea Xeral Ordinaria do CES

Asemblea Xeral Ordinaria do CES e Celebramos os 25 anos.

tríptico Colectivo Ecoloxista do Salnés
Este ano cumplimos 25 anos, como ben sabedes, e queremos que veñas celebralo con nós.
Será unha boa escusa para xuntarnos e aledarnos de ser capaces de manter aos Colectivo Ecoloxista do Salnés en pé, na procura de que a nosa comarca non perda de todo as súas pinceladas de natureza, tan descoñecidas para algúns e tan importantes para todos.
A cita é o Sábado 20 de abril, no restaurante Villa Juanita ( O Grove).
– ás 20:15: Asemblea anual
– ás 22:30: Cea dos 25 anos
Na reunión, ademais da orde do día , imos dar un repaso á memoria histórica do CES (os anos pasan para todos…) e tamén presentaremos un concurso.
Tamén farase a presentación oficial dos resultados do Informe da Costa 2013 en plataforma dixital.
Tedes todos os detalles (dirección, menú, ordes do día….) na circular que se vos enviou por correo postal ou electrónico. Recordade chamar para apuntarvos á cea (tlf CES:680 580 086)

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: