Actividade aberta de setembro:
Limpeza-protesta do río Umia e inspección do río.
O domingo 30 de setembro ás once da mañá (11:00) quedaremos na ponte dos Padriños (Pontearnelas) en Ribadumia (na estrada vella de Cambados a Pontevedra) para participar na limpeza do río Umia, encadrado no Proxecto Ríos. Mira no mapa como chegar.
A actividade consiste na retirada manual de lixo dos cauces e ribeiras do tramo do Umia comprendido entre as dúas pontes de Pontearnelas.
Esta actividade forma parte dunha limpeza simultánea en ríos de toda Galicia, campaña promovida pola Asociación de Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) encadrada dentro do Proxecto Ríos (proxecto de voluntariado ambiental consistente na creación de distintos grupos que apadriñan un tramo dun determinado río para levar a cabo o seu estudio e vixilancia ambiental).
Esta limpeza ten como obxectivo principal axudar á mellora estética e ambiental dos nosos ríos a través da acción directa da sociedade, ademais de poñer de manifesto o estado lamentable no que se atopan a maior parte dos nosos ríos, fontes das nosas casas.
O Proxecto Ríos fará seguros para os participantes, polo que é preciso anotarse no teléfono (660 928 463).
O único que os participantes deben levar son botas de auga, pois o resto do material preciso será subministrado polo CES.
Deixar unha resposta