Publicado por: garza18 | 21/08/2012

O CES presentou as alegacións ao desdobramento da VG-4.1 Sanxenxo (AG-4.1) – A Lanzada

O CES presentou as alegacións ao desdobramento da VG-4.1 Sanxenxo (AG-4.1) – A Lanzada.

Este proxecto, que no seu tramo final atravesa e afecta a hábitats da Rede Natura e ás súas especies (incluidos hábitats e especies prioritarios) e que está orzamentado en 20 millóns de euros, xustifícase en base a:

  • un suposto beneficio económico ao reducir os atascos que se producen nas fins de semana de bo tempo durante xullo e agosto polo acceso ás praias, e
  • unha mellora na seguridade viaria.

Consideramos que é tan aventurado establecer unha relación directa entre un incremento do turismo con unha maior fluidez do tráfico neste tramo da vía rápida nas fins de semana de vran, como un posible efecto contrario: que ao reducirse o tempo de desprazamento, os turistas dos lugares máis próximos cambien as estancias curtas por viaxes no día para desfrutar das praias.

O desdobre non mellora por sí mesmo a seguridade viaria (e menos tendo en conta que se vai pasar dunha velocidade de 80 Km/h para a que foi proxectado o actual vial a 120 Km/h). As medidas de seguridade viaria, como modificacións no peralte, pódense (e débense) levar a cabo independentemente de que se faga ou non o desdobre. O incremento da velocidade ademáis, vai incrementar os niveis de ruído e as emisións contaminantes.

No Estudo de Impacto Ambiental atopamos numerosas deficiencias; entre elas:

  • Non se evalúan diferentes alternativas, tal como establece a lei, e éstas non se establecen en base a ningún criterio ambiental.
  • Os listados de flora e fauna están incompletos e precisan ser actualizados e calificados en base á lexislación vixente.
  • A descripción da paisaxe non corresponde ao ámbito de estudo, senon que é un corta-pega doutro estudo, polo que a súa diagnose e a valoración do impacto do proxecto nela é totalmente erróneo.
  • A valoración do impacto nas distintas variables ambientais é arbitrario nalgúns casos e noutros se establece en base a premisas falsas, como nos citados casos de afección na paisaxe, flora ou fauna.
  • En canto á afección á Rede Natura afírmase que só o tramo final pasa polo límite destes espazos sen atravesalos, que son zonas xa moi degradadas ou se ignora a existencia de hábitats e prioritarios na valoración do impacto, para concluir que éste é baixo. Tampouco se fixeron inventarios de campo de flora e fauna para determinar se na zona hai especies prioritarias protexidas pola Directiva Hábitats, tal como establece a lei. Ademáis non se valora o impacto na fase de funcionamento, polo que se ignora a existencia de contaminación, ruído, perda e fragmentación do hábitat, aumento dos atropelos á fauna… Todo esto incumpre o protocolo de valoración establecido nas Directivas europeas.
  • O ruído na zona que atravesa o Humidal do Recón, na Rede Natura, sobrepasa moito os límites admitidos por lei. Sen embargo non se prevé colocar pantallas anti-ruído nesta zona, só en tramos anteriores por onde hai casas.
  • Os pasos de fauna non garanten a conectividade ecolóxica, pois prevense situar só en zonas de actuais drenaxes, e non con criterios de hábitats de interese, conectividade ecolóxica, ou tramos conflictivos.
  • Suprímese a posibilidade de ir andando ou en bicicleta dende A Revolta ata A Lanzada, polo que se impón o uso do coche, xa que a pista actual transfórmase nunha estrada de enlace á autovía.

Preme no seguinte enlace para acceder ao documento de alegacións presentado polo CES

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: