Publicado por: garza18 | 29/05/2012

EXCURSIÓN ANUAL DO CES: Illa de Cortegada, un bosque no mar

Se queres coñecer os segredos dun bosque que flota na ría de Arousa… Se queres ir ver os petróglifos dende un balcón da ría…

VENTE O DOMINGO 3 DE XUÑO Á ILLA DE CORTEGADA E A BAMIO!

 

QUE IMOS FACER?


POLA MAÑÁ:
Visita botánica á illa de Cortegada (protexida baixo a figura de Parque Nacional Das illas atlánticas de Galicia).
Guiarannos Jaime Blanco e Gaspar Bernárdez, autores do libro recentemente publicado “Flora y vegetación de la isla de Cortegada”.
Xantaremos na illa de Cortegada.

POLA TARDE:
Andaina dende Carril ata Bamio, onde veremos espectaculares petroglifos e vistas sobre a ría. A ruta non entraña dificultade.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

DE ONDE SAÍMOS?


O domingo 3 de xuño ás dez e media da mañá (10:30) vémonos no porto de Carril (Vilagarcía de Arousa). Dende alí, e en grupos, partiremos cara a Cortegada.
A hora aproximada de remate da actividade é as 19h.

COMO TEMOS QUE IR PREPARADOS?


– Levar roupa e calzado cómodo para camiñar e algunha peza de abrigo (consultar as previsións meteorolóxicas).
– Levar comida e bebida, xa que comeremos na illa.

CANTO CUSTA?


– Se es socio/a: 12 €
– Se non es socio/a do CES: 18 € (A que agardas para facerte socio/a?).
– Se tes 12 anos ou menos: 5 €.

COMO RESERVAR PRAZA?


Tes dous xeitos:
-Recomendado: Enviando unha mensaxe ao correo electrónico do colectivo (cesalnes@yahoo.es). No asunto
indica “reserva Cortegada”. Ponnos o teu nome completo, idade, teléfono móbil (ou fixo se non tes móbil). Logo nós responderémosche para confirmar se hai prazas.
-Outra opción: Chamando ao teléfono do CES 680 580 086 (chama a partires das 20h).

Reserva canto antes para non quedar sen prazas!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: