Publicado por: garza18 | 03/04/2012

O CES CONSIERA QUE O PASEO DOS PASALES IMPACTA NO ESPAZO PROTEXIDO.

Neste mes deron comezo as obras do paseo marítimo dos Pasales, nas inmediacións do río da Chanca, en Dena (Meaño). Este proxecto está sufragado pola Dirección General de Sostenibilidad de Costas y el Mar, do Ministerio de Medio Ambiente.

É un tramo máis do proxecto do que se deu en chamar “Senda Verde”, que ten como obxectivo unir Cambados e O Grove a través dun paseo marítimo que vai pola beira da Enseada do Bao. Esta enseada é o corazón do Espazo protexido Umia-O Grove, lugar cuns valores naturais recoñecidos por diversas figuras de protección galegos e internacionais: Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Humedal protexido Ramsar, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

O pase de diapositivas require JavaScript.

Dentro deste paseo englóbase tamén a anunciada construcción dun paseo ao longo da costa  da parroquia de Castrelo, no concello de Cambados, nas inmediacións da desembocadura do Río Umia.

 

Dende o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) consideramos que o paseo dos Pasales afectará, co paso continuo de xente tan ao borde do mar, ao comportamento das aves acuáticas que paran no noso espazo protexido en busca de alimento e repouso na súa viaxe migratoria.  Recordar que esta zona xa tiña sendas e pistas que nos achegan ao mar en diversos puntos (desembocadura da Chanca, paseo da telleira de Dena, pista dos Pasales…) e que en criterio do CES, uns arranxos puntuais xa terían sido suficiente para, dun modo sostible, compatibilizar a conservación co goce do espazo protexido, servindo ademais de exemplo de austeridade na xestión dos orzamentos públicos, recortados practicamente a cero para as políticas ambientais.

 

Sorprendentemente  a Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Ordenación del territorio eximiu esta obra de ter que realizar calquera valoración ou informe de impacto ambiental, a pesares das afeccións negativas ao espazo. Tampouco se abriu á apartación dos veciños pois non pasou ningún proceso de exposición pública.

 

O CES solicitou en varias ocasións o proxecto da senda de Castrelo e non nos foi remitido por ningunha das administracións competentes, o que unido ás actuacións improvisadas que tiveron lugar nos Pasales co tema da extracción de vertidos, todo fai indicar que dito proxecto non existe.

 

Ante a política de feitos consumados, o segredo e as improvisacións no que se realizan estas obras o CES está a estudar as medidas legais pertinentes co obxectivo de rectificar o trazado e salvagardar os valores da Enseada do Bao.

 

 

O Salnés , a 30 de marzo de 2012

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: