Publicado por: garza18 | 08/03/2012

Un ano máis, indagamos sobre o futuro da lagoa da Fianteira

Como cada ano por estas datas, o CES acaba de solicitar información sobre o Plan de Labores da empresa Nueva Cerámica Campo ás consellerías de Industria e Medio Rural (agora de novo Medio Ambiente). En dito plan de labores anual, establécense as intencións da empresa con respecto a esta lagoa. E dito plan de labores debe ser autorizado ou non por ambas consellerías.

Dende o ano 2008 a empresa ven reiterando a súa intención de baleirar e reencher parte da lagoa para poder seguir extraendo arxilas no lugar. De feito, nese ano dividiu a lagoa en dúas cun dique de entullos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ata o ano 2010 incluído, ambas consellerías  fixeron oídos xordos aos nosos escritos onde advertiamos da ilegalidade de autorizar tales obras, por estar dentro dun Humidal Protexido, zona ZEPA, Ramsar e Rede Natura. Ademáis de contar a explotación cunha desfasada Avaliación de Impacto Ambiental do ano 1992, cando a lagoa, xa unha explotación abandoada daquela, non contaba coa alta biodiversidade de flora e fauna coa que conta na actualidade. E ambas consellerías autorizaban a facer tal barbarie, aínda que a empresa non chegou a facelo, supoñemos que porque non lles saía rendible nese intre.

Así que no ano 2010, xunto con outras 6 asociacións, denunciamos esta situación na fiscalía de Pontevedra. O  fiscal respondeu en novembro, cunha resolución na que aínda que non vía indicios de delito (entre outros motivos porque a destrución da lagoa non se chegou a materializar), sí que poñía en entredito a legalidade de ditas autorizacións, e instaba a Medio Rural a que obrigase á empresa a facer unha Avaliación de Impacto Ambiental adaptada á nova lexislación e aos novos valores faunísticos da lagoa protexida.

Por este motivo, no ano 2011, por fin Medio Rural se atreveu a non autorizar a extracción de arxilas na lagoa Fianteira II mentres a empresa Nueva Cerámica Campo non fixese unha Avaliación de Impacto Ambiental, tal como requería o fiscal.

Mentres tanto, a consellería de Industria, que debería terse decantado antes do 30 de abril de 2011, segue sen dicir nada ata hoxe en día.

Así as cousas, non temos máis novas a día de hoxe, por iso o CES acaba de entregar sendos escritos, solicitando o Plan de Labores da empresa no 2012, así como as resolucións de ambas consellerías onde deben decantarse sobre si o autorizan ou non. Ademáis solicitamos información a Conservación da Natureza sobre a Avaliación de Impacto Ambiental, pois nada sabemos dela, se a empresa se dignou facela, nin se será un puro trámite de corta e pega.

Advertisement

Respostas

  1. non é propiedade privada? seica non habería eses animaliños de non teren extraido arxila de ahi. pareceme ben a vosa proposta, só espero que non fagades quebra-la empresa, pois moita xente depende de ela, traballa nela.

    • Gracias por participar co teu comentario. Respondémosche ás cuestións que nos plantexas:

      1-Que sexa propiedade privada non exime a ninguén de cumprir a lei. Se eu teño unha finca pegada ao mar non podo edificar, por moi miña que sexa. Ou se teño unha casa protexida por Patrimonio, ou se teño unha finca en terreo non urbano ou non urbanizable. Pois cos espazos protexidos sucede o mesmo. Hai algunhas actividades que non se poden facer neses lugares, e outras que requiren dunha Avaliación de Impacto Ambiental, como é o caso.

      2-Claro que esa fauna e flora existen porque hai un oco de extracción de arxilas dende hai case 30 anos, que xa existía antes de que se instalase aquí a empresa en cuestión. Cando se instalou aí esta empresa, no ano 92, comprometeuse por escrito a rexenerar esta lagoa nun Plan de Restauración que nunca cumpriu.

      3-Se a empresa deixa de funcionar ou cambia de actividade, é pola crise do ladrillazo, nós non temos nada que ver. Aínda que seguisen tendo demanda de ladrillo e deixasen de extraer neste lugar, teñen moitos outros lugares onde extraer, que non están dentro do espazo protexido ou non teñen valores naturais tan importantes.

      Así e todo, por moi grande ou poderosa que sexa unha empresa, non se pode deixar que incumpra as leis ou faga o que lle pete. ¿Non che parece? As grandes empresas dan moitos postos de traballo, pero tampouco é tan bo para unha comarca depender dunha única empresa, porque o día menos pensado pechan e largan á xente á rúa, velando unicamente polo seu propio interese, e creando unha gran bolsa de parados. Por iso non se xustifica, ao noso entender, tanto servilismo.
      Saúdos.

  2. moi ben. Entendido.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: