Publicado por: garza18 | 28/12/2011

O CES ELABORA UN INFORME PARA MELLORAR O ENTORNO DA PRAIA DA MEXILLOEIRA.

O conxunto da praia da Mexilloeira e a lagoa Bodeira, no Grove, é unha das paisaxes costeiras máis belas da nosa comarca, así como un lugar estupendo para a cría de aves acuáticas. Por isto e polas xoias botánicas que medran nas súas dunas (algunhas especies de flora realmente escasas) esta zona incluíuse no espazo protexido Complexo Intermareal Umia – O Grove.

Nos últimos tempos estanse a realizar unha serie de actividades pouco compatibles coa conservación dos seus valores naturais: práctica de kitesurf, paso desordeado dos visitantes, uso da lagoa como zona de baño canina, extracción de áridos…

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), dende fai anos leva poñendo de manifesto estas alteracións así como solicitando ás administracións competentes un ordenamento das actividades que poña fin ou minimice as consecuencias impactantes de ditas actividades.

A través do documento “Melloras na conservación do espazo Praia Mexilloeira- Lagoa Bodeira” elaborado polo CES, o Colectivo quere aportar as propostas de mellora que seguindo criterios de conservación, deberíanse levar a cabo na zona.

Estas propostas xiran ao redor dos seguintes eixos:

– Completar o valado de protección das dunas, para minimizar o pisoteo dos paseantes e dos deportistas acuáticos.
– Eliminar camiños que transcorren en paralelo e desordenadamente, interrumpindo a dinámica natural da lagoa e da duna.
– Cambio da instalación das duchas, instaladas actualmente sobre as dunas, o que provoca pisoteo e feísmo na zona.
– Eliminación de entullos.
– Paneis informativos para os visitantes sobre os valores da zona, así como recomendacións para a súa conservación.

O informe foi enviado ao Servizo Provincial de Costas, á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e ao Concello do Grove, acompañado dun escrito onde solicitamos que se atendan ás indicacións mostradas. Nel facemos fincapé en que debido ao baixo custe das propostas mostradas, e aos bos resultados obtidos con intervencións semellantes noutros lugares do espazo protexido, se realicen o máis axiña posible.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: