Publicado por: garza18 | 11/09/2011

O C.E.S. considera pouco seria a Avaliación Ambiental do PXOM do Grove

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) presentou hoxe (7/09/2011) as observacións na fase de consultas que abriu a Consellería de Medio Ambiente ao documento de inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)de O Grove. Dito proceso de avaliación ten o obxectivo principal de analizar distintas alternativas para poder tomar a mellor decisión, dende o punto de vista do desenvolvemento sostible, para abordar un proxecto, neste caso, o PXOM do Grove.

No documento de inicio, presentado polo Concello do Grove, móstranse tres alternativas a considerar, unha, non facer nada, tal como esixe a lei de avaliación ambiental. Outra alternativa, a ideada para o PXOM paralizado no 2006, e outra adaptada á lexislación actual. Se das tres opcións, só unha é minimamente legal, non se deixa espazo para a discusión nin para a valoración de alternativas. É simplemente unha burla máis a lexislación ambiental por parte da administración.

Ademais, a alternativa mostrada como adaptada á lexislación actual o CES considera que non segue os preceptos que deron lugar á redacción do Plan de Ordenación do Litoral, onde se repetía encarecidamente que se acotaran os crecementos lineais ao longo das vías de comunicación, para tender a un ordenamento do territorio en núcleos compactos, e combater así toda a problemática asociada a un urbanismo disperso e caótico que tan ben e tristemente define a nosa paisaxe litoral. Contrariamente, o Concello do Grove nos mostra dúas zonas de crecemento urbanístico ao longo das vías de comunicación, un en Ardia e outro en Estonllo, con novas vías de comunicación paralelas ás actuais que non fan máis que esnaquizar aínda máis o territorio.

Así, dende CES solicitamos que se presente outra alternativa mellor adaptada ao POL e ás Directrices de Ordenación do Territorio, mais sostible coa paisaxe e coa calidade de vida dos veciños e dos visitantes. Tamén que se inclúa en consideración o Plan Rector da Rede Natura 2000, en fase de aprobación.

Así mesmo consideramos este proceso como unha oportunidade máis para que os xestores tomen en consideración a posibilidade de rehabilitar paisaxisticamente o tramo de costa de Virxe das Mareas, onde con pouco investimento e sen afectar ao entramado industrial da zona, podería conseguirse un espazo máis de esparexemento do noso litoral para todos.

Consideramos importante que no aspecto relacionado co aumento e reorganización do porto do Corgo para albergar un porto deportivo, (que) se fagan as análises necesarias para determinar os efectos negativos que podería acarrear este proxecto nos bancos marisqueiros e na dinámica da Enseada do Bao (espazo protexido), e que estes resultados sexan vinculantes á hora de tomar decisións.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: