Publicado por: garza18 | 07/08/2011

RESUMO E FOTOS DA NOSA EXCURSIÓN ANUAL

Os colectiveros TRAS AS PEGADAS PETRIFICADAS do pasado!

 O Domingo 17 de xullo de 2011 o Colectivo Ecoloxista do Salnés organizamos unha saída de todo o día para visitar o recen estreado Centro Arqueolóxico de Campo lameiro, deixarnos guiar por Castro Landín e descubrir a micro-vida do río Lerez. Creo que foi un día moi entretido e “culturizante”, se non fixádevos nas caras dos  asistentes: ningún bostezo!. 

 
Aquí tendes unha escolla de fotos que fixemos a modo de resume:

Escamas dun peixe na fachada do centro arqueolóxico de Campo Lameiro?!... moi chulo, sobre todo o “subidón” que experimentamos no vídeo!

De visita pólos petroglifos de Campo Lameiro: cervos, labirintos, cabalos, divinidades…

 

 

 

 

 

 

 

Os colectiveros aprendendo a cazar… uff, estarémonos desviando dos nosos principios?!!!  

 

 

 

 

 

 

 

 

E peor aínda, aprendendo a facer lume…. uf, uf, cazadores e pirómanos!!! 

Non sei eu se non nos trabucaríamos de excursión…

 

 

 

 

 

 

 

En serio, creo que  todos disfrutamos e aprendimos moito sobre a vida seminómada da idade do bronce. 

Grazas ao persoal do Centro arqueoóxico de Campo Lameiro a ao guía das Covas de Altamira por darnos a oportunidae desta experiencia!

Para baixar a comidiña un paseo póla beira do rio Lérez, pescando bichocos para mirar por microscópio (uff, xa non chegaba coa caza e o lume…)

 

 

 

 

 

 

 

 

E para rematar a xornada invadimos Castro Landín a grito de POR Un MUNDO SOSTIBLEEEEEE!!!!!!

Que retumbou en todo o val de Cuntis e contorna.

Así quedaron as vivendas tras o nosos ataque! Arrasamos, e iso que so tiñamos cámaras plasticosas contra un mundo de idade de ferro!

E aquí tendes a foto dos gañadores:

 

Todos un pouco mais sabios e un pouco mais felices, vese nas caras, verdade? Agardo non trabucarme e que o pasarades todos moi ben.

 

 

E o ano que ven máis,… a onde che gustaría ir?  

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: