Publicado por: garza18 | 02/08/2011

O CES APOIA AS ALEGACIÓNS CONTRA OS DEPÓSITOS DO FERRAZO E CONTRA O ENCORO DO UMIA

O CES PRESENTA ALEGACIÓNS CONTRA OS DEPÓSITOS DE FERRAZO

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) ven de asinar e entregar en prazo as alegacións propostas pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (da cal fai parte o CES) contra o Parque de Almacenamento de Hidrocarburos de Ferrazo, a respecto do proceso de Avaliación de Impacto Ambiental que a Xunta está a realizar a respecto deste complexo.

 

Entendemos que dito proceso de Avaliación de Impacto Ambiental é un exercicio de cinismo e un intento por xustificar o inxustificable. Logo de permitir a posta en marcha deste depósitos de hidrocarburos de xeito irregular, e tras declararse nula a súa autorización (e polo tanto inviable a súa continuidade e explotación) por senllas sentencias do TSXG e do Tribunal Supremo por claro incumprimento da normativa e o procedemento de Avaliación Ambiental, a Xunta pretende agora aplicar unha vez máis a política de feitos consumados, entendendo os procesos de avaliación ambiental coma un mero trámite a sortear, e non coma unha ferramenta para garantir a seguridade e saúde das persoas e do noso medio natural.

 Destaca especialmente que a Xunta e a propia empresa ignoren todos os razoamentos expostos nas propias sentenzas xudiciais aludidas:

–          Carencia de Avaliación de Impacto Ambiental.

–          Existencia de risco serio para 152000 habitantes.

–          Incumprimento da normativa de prevención de accidentes sobre substancias perigosas.

–          Contradición co principio de cautela aplicado na UE.

–          Afectación a espazos naturais (Rede Natura e Parque Nacional MT das Illas Atlánticas).

Deste xeito, con ditas alegacións o CES súmase á reclamación de:

–          Execución da sentenza do TSXG (tal e como obriga a propia sentenza do T. Supremo).

–          Unha Declaración de Impacto Ambiental negativa para dito parque de almacenamento, e polo tanto inviable a súa continuidade na actual ubicación.

–          A inmediata paralización da actividade e o baleirado dos depósitos.

O CES APOIA  AS ALEGACIÓNS SOBRE O PROXECTO DE CAPTACIÓN DE AUGA NO UMIA

 Asimesmo, o CES ven de presentar ante Augas de Galicia un escrito de apoio ás alegacións realizadas por Asociación Pola Defensa Ecolóxica De Galiza (Adega), entre outros colectivos, ao proxecto de captación de auga potable en Caldas de Reis.

 

Coincidimos en sinalar como irresponsable o manexo de augas de dito río, cun encoro amplamente rexeitado no seu día, realizado logo dun irregular proceso de avaliación, e que está a causar graves problemas ambientais:

–          Eutrofización das augas por cianobacterias con problemas de toxicidade asociados.

–          Risco de inseguridade permanente para a poboación augas abaixo do encoro.

–          Afectación na chegada de sedimentos na foz do Umia en Cambados, afectando a unha rica zona marisqueira de bivalvos.

Nesta secuencia de acontecementos, o proxecto de control das cianobacterias mediante cortizas de eucalipto ou a creación dunha nova estación de captación e tratamento supoñen novas dilapidacións de recursos públicos, en lugar da única saída viable para corrixir os problemas expostos: extinguir a concesión hidroeléctrica e proceder á apertura da presa para recuperar a calidade das augas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: