Publicado por: garza18 | 30/07/2011

O KITESURF EN MEXILLOEIRA, ENFADOS E MEDIAS VERDADES (Carta enviada á sección de Tribuna do Faro de Vigo)

En relación a un artigo publicado o 7 deste mes no Faro de Vigo, sobre unhas declaracións do Concellal Alfredo Bea sobre a situación legal das instalacións da escola nacional de kitesurf na praia Mexilloeira e o Colectivo Ecoloxista do Salnés, quixeramos correxir algúns erros

 1º erro: En relación á declaración de que “…algunos que ni siquiera son de O Grove tratan de decirnos cómo debemos actuar en nuestro pueblo”.  Recordarlle que o CES naceu fai case 25 anos no Grove, sendo a maior parte dos seus socios fundadores do seu pobo. Na actualidade moitos socios do CES son do Grove, representados tamén na Xunta directiva. O CES ten o seu ámbito de acción na comarca do Salnés (ao que pertence o Grove).

Ademais, as praias son públicas e para goce de todos e todas. O localismo, nestes tempos de globalización, non é un argumento intelixente.

 2º erro:  Unhas liñas máis abaixo podemos ler: “… insistimos en que el kitesurf es importante, en que se practica desde hace ya mucho tiempo y en que no causa daños, por mucho que ciertos ecologistas se empeñen en boicotear a O Grove y a causa de su denuncia consiguieran que se nos abriera un expediente”.

En que se basa para dicir que non causa danos?  A Mexilloeria e a lagoa Bodeira é un dos lugares con máis beleza do Salnés, con figuras de protección internacionais (Humedal Ramsar), europeas (rede Natura 2000) e galegas (Espazo Protexido polos seus valores naturais). Non sei se sabe, que na zona dunar hai plantas cunha distribución tan escasa que están catalogadas como Ameazadas e que non creo que lle vaia ben que lle poñan as velas de kitesurf a secar enriba. Tampouco sei se sabe que en zonas de importancia por aves, voar cometas non está recomendado, pois altera o comportamento das aves. Non sei se sabe que a protección da natureza non é un sentir, é unha lei (que as autoridades deben cumprir).

Pediu  vostede autorización á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para esta práctica?

Pediu vostede autorización ao servizo de Costas para zonificar a praia e relegar aos bañistas?

Encargou alguén un estudio de afectación ambiental? 

Alguén informou aos practicantes de kitesurf de que coidaran eses valores naturais? 

A realidade é que non, e a cambio lle presenta un dossier prensa (segundo di a noticia) ao Conselleiro de Medio Rural namentres iza a bandeira azul nunha praia. Se non fora por que é real, sería de chiste. E o máis simpático e que nos bota a culpa a nós de que lles abriran un expediente.  

O CES non boicotea nin o turismo nin a economía de O Grove, deixe de esgrimir argumentos antigos de que os ecoloxistas estamos en contra do progreso, por que eso xa non entra na cabeza de ninguén minimamente informado.  O progreso si, pero cumprindo a lei e a protexendo os nosos recursos e paisaxes naturais. Así terán todo o noso apoio e a axuda que sempre ofrecemos.

 Tranquilo que eu  xa sei que teñen as de ganar co apoio da Consellería, dando mil piruetas á lei ambiental. Pero non nos digan que  temos que calar e moito menos que temos que tragar.

 Non se enfade tanto e reflexione. Ao final quen perde é a natureza, e cando escoite falar da perda de biodiversidade non pense no Amazonas, pense na Mexilloeira.

Marta Lois Silva

Presidenta do Colectivo Ecoloxista do Salnés

A continuación podedes consultar a xoia xornalística (do noso amigo Méndez, como non), á que fai refencia esta carta:

El Concello recupera el “kitesurf”, que se prohibió por una


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: