Publicado por: garza18 | 28/07/2011

O C.E.S SUXIRE MELLORAS AMBIENTAIS Á PARCELARIA EN XIL

Superficie de 594 ha sobre a que se vai facer a concentración parcelaria .

 O C.E.S. ven de participar na fase de consultas que abriu a Consellería de Medio Ambiente sobre a pertinencia ou non de someter a futura concentración parcelaria en Xil a unha Avaliación de Impacto Ambiental. (A.I.A.).

Segundo a lei de Avaliación de Impacto Ambiental (R. D. L. 1/2008, de 11 de xaneiro), unha serie de proxectos han de someterse de forma obrigatoria á AIA, (Anexo I) mentres que noutros casos, esta decisión queda en mans da consellería de medio ambiente (Anexo II). A consellería interpreta que este proxecto estaría no segundo grupo, (pois nel entran en xeral as concentracións parcelarias), pero no CES interpretamos que dito proxecto entraría nunha excepción que o faría estar no Anexo I, de avaliación obrigatoria. Isto é debido ás dimensións que ocupará, transformando unhas300 ha. de carácter forestal á agricultura intensiva, e tamén debido a que inclúe unha zona con altas pendentes, (unha cuarta parte da área ten unha pendente de entre 25 e 40%), o que provoca un alto risco de erosión

As concentracións parcelarias teñen un gran impacto ambiental se non se levan a cabo coidadosamente, tal como se demostrou nas últimas décadas en Galicia. Os principais impactos son: Desaparición das tradicionais sebes, árbores e muros de separación entre as fincas. Apertura de pistas de forma indiscriminada, sen ter en conta as preexistentes e de anchura desproporcionada. Modificación da topografía con recheos e desmontes. Tala innecesaria e indiscriminada de árbores e bosques de ribeira. Erosión inevitable en zonas de gran pendente. Canalización, recheo ou desvío de regatos. Con todo isto, ademais de perderse unha gran cantidade de solo fértil e biodiversidade, prodúcese unha homoxenización da paisaxe, que perde o carácter identitario rural galego de mosaico ou bocage.

Dende o CES valoramos positivamente o documento presentado polo promotor do proxecto no ano 2005 (Consellería de medio Rural). Nel téñense en conta de forma seria todos estes impactos e propóñense medidas preventivas e correctoras moi axeitadas como as seguintes: pistas pouco impactantes, manter sebes e árbores ao máximo posible, (pois serven de refuxio a fauna que axuda a controlar as pragas), protexer os bosques de ribeira, remodelar a topografía despois das obras para deixala como a orixinaria. Controlar ao máximo a perda de solo fértil por erosión. Tamén contempla medidas paliativas do ruído e emisións na fase de obra, así como control da calidade das augas dos regatos despois das obras.

Que o proxecto se someta á AIA é de vital importancia, pois neste caso, as medidas preventivas e correctoras que se propoñen no citado documento son vinculantes, e o seu incumprimento conleva sancións. Do contrario, non se garante que as medidas preventivas e correctoras sexan levadas a cabo, xa que a lei non contempla sancións neste caso.

Outras suxestións que fixemos foron a exclusión da parte leste da zona proposta da concentración, debido a que tan altas pendentes (entre 25 e 40%) non son recomendables para a agricultura e xerarían un impacto de perda de solo fértil por erosión moi difícil de controlar. Tamén insistimos na prohibición total de desviar e canalizar regatos. Por último, suxerimos que como medida preventiva da contaminación e da perda de biodiversidade e solo na fase de execución do proxecto, medio Rural difunda entre os agricultores formación en técnicas de agricultura ecolóxica.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: