Publicado por: garza18 | 23/07/2011

O C.E.S. AGARDA QUE SE CUMPRA A LEI NO CASO DA LAGOA FIANTEIRA.

 

A Lagoa da Fianteira, situada dentro do Humidal Protexido Complexo Intermareal Umia- O Grove, amparada por múltiples figuras de protección, vaise librar, de momento, da súa destrución.

Ano tras ano, a Xunta autorizaba á empresa Nueva Cerámica Campo para que explotase arxilas nesta lagoa protexida de gran biodiversidade, o que provocaría a súa destrución. Finalmente as obras non se levaban a cabo por motivos que descoñecemos.

Pero o C.E.S. puxo no 2010 unha denuncia ante a fiscalía de Pontevedra. A denuncia baseábase en que as autorizacións emitidas por Industria e Medio Rural eran ilegais, pois vulneraban a lexislación sobre Avaliación de Impacto Ambiental, (AIA) ademais de varias Directivas Europeas e leis estatais de conservación dos espazos protexidos, así como a Lei de Conservación do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

Tras uns meses de investigación, o Fiscal de Pontevedra emitiu unha resolución onde recoñecía que tiñamos razón: estábase a incumprir a lexislación sobre AIA. A última avaliación que se fixo para esta lagoa fora hai 17 anos. Dende entón a lexislación neste campo foise enriquecendo con novas leis e decretos, leis que a propia Xunta de Galicia estaba a ignorar e incumprir. Ademais, dende hai 17 anos, dita lagoa (antiga explotación abandonada), foise enriquecendo en especies animais e vexetais que a foron colonizando ata ser unha zona con gran biodiversidade. O fiscal na súa resolución insta ás consellerías de Industria e Medio Rural a que cumpran a legalidade.

Motivado por este feito, a consellería de Medio Rural, por primeira vez en moitos anos non autoriza a explotación da empresa na citada lagoa mentres non se faga unha AIA adaptada á nova lexislación. Isto significa que a lagoa, de momento, está a salvo, pero agora veremos como se fai dita AIA. Tamén nos falta saber que fará a Consellería de Industria, que aínda non se posicionou.

Parécenos moi triste que para que a Xunta faga o seu traballo, un grupo de ecoloxistas voluntarios teñamos que facer unha denuncia na fiscalía, cos gastos de tempo e avogados que iso conleva. Parécenos unha burla cara á cidadanía e á xustiza.

Preguntámonos que ten que pasar para que a propia Administración se tome as leis de protección ambiental en serio, sobre todo cando se trata de enfrontarse a empresas poderosas como a que nos ocupa. Agora esperamos que se cumpra a lei e efectivamente se faga unha AIA ben feita, pero que ademais se fagan cumprir o resto das leis que protexen a este espazo de gran valor natural.

E unha vez máis queremos lembrar que non estamos en contra da explotación de arxilas por parte desta empresa en lugares non protexidos ou de pouco valor natural. O que queremos é que se fagan cumprir as leis ambientais que garanten a conservación do patrimonio natural de todos, sen favoritismos cara a intereses particulares duns poucos poderosos.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: