Publicado por: garza18 | 08/07/2011

EXCURSIÓN ANUAL DO CES: Tras das pegadas petrificadas da historia

 

QUERES VER UNHA CERVA NUNHA ROCHA?…

QUERES FACER UNHA PEZA DE CERÁMICA AO ESTILO PRIMITIVO?…

QUERES COÑECER A VIDA NUN CASTRO?

 

POIS VENTE CON NÓS A CAMPO LAMEIRO E CASTRO LANDÍN

O DOMINGO 17 DE XULLO!

       petroglifos campolameiro

QUE IMOS FACER?

POLA MAÑÁ:

-Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
-Visita guiada polos petroglifos de Paredes e Praderei, un lugar de arte rupestre de gran valor.
-Visita ao centro arqueolóxico de Campo Lameiro.
-Obradoiros participativos onde poderás aprender como facían cerámica ou lume.
(Estas actividades estarán guiadas por persoal especializado do Centro Arqueolóxico).
-Xantar campestre (recorda levar algo de comer!)
 
POLA TARDE:
Camiñata polas beiras do río Lérez (tramo medio) observando a súa microfauna.
Castro Landín: visita guiada polo castro de Cuntis.
 

 DE ONDE SAÍMOS?

O domingo 17 de xullo un autobús recollerannos nos seguintes puntos do Salnés:

Ás 8:30 en Vilagarcía (no Auditorio, fronte aos cines)
Ás 9:00 en Cambados (ao carón da Praza de Abastos)
Ás 9:30 en Portonovo (parada bus fronte colexio de Portonovo),

Regreso ás respectivas paradas entre as 21:00 e 21:30.

COMO TEMOS QUE IR PREPARADOS?

Levar roupa e calzado cómodo para camiñar, e algunha peza de abrigo (consultar as previsións meteorolóxicas).
Levar comida e bebida, xa que comeremos nun merendeiro.

 

CANTO CUSTA?

Se es socio/a: 12
Se non es socio/a do CES: 18  .(A que agardas para facerte socio/a?).
Se tes 12 anos ou menos: 5
 

COMO RESERVAR PRAZA?

Tes dúas formas:

· Recomendado: Enviando un correo electrónico ao correo do colectivo (cesalnes@yahoo.es).
No asunto indica “reserva excursión”.  Ponnos o teu nome completo, idade, teléfono móbil (ou fixo se non tes móbil) e dende onde tes pensado coller o bus (Portonovo, Cambados ou Vilagarcía). Logo nós che responderemos para confirmarche se hai prazas.

 Outra opción: Chamando ao teléfono do CES 680 580 086 (chama a partires das 20h).

  

Reserva canto antes para non quedar sen prazas!

Pasarémolo ben e ademais coñeceremos curiosidades da prehistoria…

Ven con nós!

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: