Publicado por: garza18 | 27/05/2011

CONCLUSIÓNS DA INSPECCIÓN DE PRIMAVERA DO UMIA

O Colectivo Ecoloxista do Salnés, realizou onte unha análise do tramo do río Umia que discorre por Pontearnelas (Ribadumia). Séguese a metodoloxía aconsellada no Proxecto Ríos (www.proxectorios.org) , un programa de voluntariado de vixilancia ambiental dos ríos.

 As conclusións ás que chegamos son:

–          O estado da auga non chega ao óptimo de calidade. Tras ter medido a súa acidez e concentración de osíxeno, nitratos e turbidez, así como  a identificación de especies bioindicadoras,  pódese concluír que a calidade das augas nese tramo son boas, pero non moi boas.

–          No cauce do río pódese ver medrando e espallándose numerosas plantas invasoras acuáticas, que desprazan á flora local, de gran importancia para a fauna do río (non adaptada ás novas especies). Seguen sen ser obxecto dun plan de eliminación de alóctonas.

–          As beiras do río, cuxa conservación é vital para o equilibrio do río, está gravemente afectadas por lo paseo fluvial realizado recentemente. Tras unha reunión co presidente da deputación e o equipo técnico, a situación non mellora. As nosas recomendacións no relativo a estreitamento da pista e rexeneración da banda de bosque de ribeira, non se levaron a cabo.

–          Os antigos verquidos de entullos e novas acumulacións de vidro, así como os residuos do botellón na zona da nova ponte, non se limpan. Enviarse escrito ao Concello de Ribadumia solicitando a súa retirada.

 Así, como conclusión xeral, o Umia ao seu paso por este tramo, segue a ser un lugar que dista moito de ser un río san e saudable.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: