Publicado por: garza18 | 02/05/2011

O CES ESIXE EXPLICACIÓNS POR AS ÚLTIMAS ACTUACIÓNS NAS BEIRAS DO UMIA

 

Na beira do río Barrantes, no Concello de Ribadumia, nas inmediacións da súa unión ao río Umia, fíxose recentemente unha intervención consistente nunha explanada de terra e xabre. Estas obras parece ser que foron promovidas e costeadas pola Deputación de Pontevedra.

Esta explanada afectou gravemente a vexetación da ribeira do regato xa que a vexetación mais baixa foi aterrada por unha grosa capa de xabre.
Esta obra produciu o aumento da pendente da beira do río aumentando así a frecuencia de derrubes ao cauce do río. Isto cambia as condicións físicas do regato e aumenta o risco de crear diques e obstáculos no curso do río, que poden chegar a causar desbordamento e inundacións no entorno.

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) enviou hoxe a varias entidades competentes (Augas de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Ribadumia, Conselería de Medio ambiente e Consellería de Medio Rural) sendos escritos recordándolle que a boa saúde dos ríos non depende tan só da calidade das súas augas, senón tamén do seu leito e da súa vexetación asociada. Así un bosque de ribeira é vital para o mantemento das características do ecosistema fluvial, ademais de ser un gran aliado contra as consecuencias das riadas e das inundacións. Ademais, a súa preservación ben recollida na Lei 5/2006, de 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos.

No escrito tamén esixíase unha explicación sobre a necesidade desta obra e unha copia das autorizacións aportadas polas distintas administracións (en caso de telas dado). Tamén esíxese que se corrixa a actuación : retranqueo da explanada separándoa da beira do río, diminución da pendente das beiras, reforestación das beiras e outras técnicas que leven á recuperación do ecosistema fluvial na zona.

O CES considera que calquera administración debe ter especial coidado á hora de autorizar intervencións nos ríos da nosacomarca. Deben analizar en conxunto o estado dos ecosistemas fluviais para poder apreciar a cantidade de grandes, medianos e pequenos impactos que “afogan” os nosos ríos e regatos e nos que xa non quedan tramos de beiras naturais (cultivos ata a súa beira, paseos fluviais, canalizacións, estradas, pontes…). A fauna e a flora fluvial necesita de tramos sen intervención humana e é obriga da administración manter esta biodiversidade.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: