Publicado por: garza18 | 20/02/2011

ACTIVIDADE ABERTA DE FEBREIRO:VISITA Á ÁREA ARQUEOLÓXICA DA LANZADA

O venres 25 de febreiro ás cinco da tarde (17h) quedaremos na
explanada de entrada á capela da Lanzada para realizar unha visita
ás actuais escavacións da área arqueolóxica deste lugar.
Esta visita estará guiada por un integrante do equipo arqueolóxico da
Deputación de Pontevedra, responsables do estudio de dita área.
Os descubrimentos nesta escavación permiten coñecer o importante papel
que tivo esta zona no comercio marítimo, constatándose por primeira vez a
existencia de contactos comerciais coa área mediterránea antes da
romanización.
Vente e xa verás como a Lanzada volverá a sorprenderte!
A actividade terá unha duración de unha hora e media aproximadamente, é
de balde e aberta a todos os públicos.
É recomendable vir con roupa de campo.
Podes informarte mais sobre esta escavación no blog:
alanzada.wordpress.com

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: