Publicado por: cesalnes | 23/01/2011

Crónica da actividade de xaneiro

Desde a plataforma de Raeiros
O sábado 22 de xaneiro, a pesares do intenso frío, acudimos unhas 20 persoas á actividade de observación de aves.
A primeira parada fixémola na Toxa, onde observamos garzas, garcetas, gaivota cana, mazaricos, gabitas… ademáis das espátulas, que en toda a península só nos visitan a nós e a Doñana.

Observando desde a Illa da Toxa
Logo fomos ao Bao, onde puidemos ver patos asubión e rabilongo, mais co frío vento que sopraba, rápido fuximos para un sitio máis abrigado, o mirador da Pantoeira (preto do sanatoiro da Lanzada). Alí estivemos máis tempo, e puidemos facer observacións moi interesantes: contemplamos mobellas (ou colimbos), vimos a única parella de éider que aparece en toda Galicia, procedente de Groenlandia, observamos corvos mariños cristados pousados nunhas rochas, seguimos a un mergullón de pescozo negro nadando, e contemplamos o espectáculo dos mascatos lanzándose en picado preto da illa de Ons.
Finalmente estivemos na Arnosa, dende onde puidemos mirar unha rapaz difícil de ver por aquí: un esmerillón, ademáis de importantes bandadas de espátulas, garcetas, mazaricos, agullas e patos culleretes, entre outros, que estaban a desfrutar tranquilamente da súa comida.

Un inverno máis poidemos contemplar como o Complexo Intermareal Umia- O Grove ofrece descanso e alimento a grande cantidade, non só de individuos, senon de especies diferentes de aves, tanto residentes como migratorias, sendo por iso considerado o humidal de maior biodiversidade ornitolóxica de Galicia.

Arnosa


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: