Publicado por: cesalnes | 27/11/2010

O paseo do regato de Major rompe a súa dinámica natural

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) quere, unha vez mais, transmitir a nosa preocupación polas actuacións nos ríos e regatos da nosa comarca que tan profusamente estanse a realizar.

Desta vez resaltar a intervención que se está a realizar no regato de Souto, na praia de Major (Sanxenxo). No tramo que discurre entre as dunas de dita praia, estase a realizar un paseo que bordea as dúas beiras. É un proxecto promovido pola Comunidade de Montes de Noalla e cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.

 

Cónstanos que o proxecto inicial foi considerablemente mellorado polas autoridades competentes (Conservación da Natureza e Servicio Provincial de Costas) no tocante á alteración da vexetación dunar, un dos ecosistemas máis especiais do espazo protexido LIC Ons –O Grove, no que Major está incluída.

Estas beiras estaban moi alteradas debido ao seu uso como vertedoiro, polo que estamos de acordo en que unha intervención era necesaria. De facela ben poderíase conxugar a restauración ambiental co seu disfrute, pero unha vez máis,  pesan máis os criterios estéticos aos ambientais.

Os aspectos da obra no que menos estamos de acordo son:

  • A alteración do perfil da beira do río: nun dos tramos do paseo o camiño provoca un escalón  innecesario no perfil da beira, alterando o caule do río e a súa vida asociada. Ademais o paseo vai polo escalón inferior, polo que hai risco de inundación.
  • A vexetación de ribeira podada: os ameneiros e salgueiros que fan de cúpula natural do río, vital para a súa natureza, foron algúns cortados e outros podados. Sen embargo, especies exóticas prexudiciais, como as acacias ou a herba da pampa non as quitaron na súa totalidade.

  • Non se retirou o lixo. Os plásticos e ferros seguen “disimulados” entre as areas da duna. Cremos que se debería ter feito unha retirada , alomenos parcial dos de maior volume.

    Estes aspectos foron informados esta semán ao servizo Provincial de Costas e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a través de sendos escritos oficiais, solicitando que se rectificara a obra no posible.

    En época de crise, cando os orzamentos para actuacións ambientais en espazos protexidos galegos son ínfimos,  é unha mágoa que os 135.000€ gastados neste paseo non foran empregados en facer ben as cousas e ter feito unha verdadeira restauración das marxes deste regato.


    Responses

    1. Hay que decir también que ese regato esta totalmente machacado en el otro lado de la carretera, donde bordea el estanque. Un tramo se ha alterado su recorrido natural , se ha canalizado parte y los bordes están totalmente llenos de basura y chatarra proveniente de la pista de karts.


    Deixar unha resposta

    introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

    Logotipo de WordPress.com

    Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

    Google photo

    Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

    Twitter picture

    Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

    Facebook photo

    Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

    Conectando a %s

    Categorías

    A %d blogueros les gusta esto: