Publicado por: cesalnes | 27/11/2010

O CES organiza unha actividade de cultivo de cogomelos

O Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza a actividade aberta mensual correspondente ao mes de novembro: CULTIVO DE COGUMELOS. Manuel Domínguez, biólogo e educador ambiental guiará a actividade. Esta actividade constará nunha introducción sobre o papel que os fungos teñen na natureza e unha práctica de cultivo en sacos de Pleurotus ostreatus.

No outono os protagonistas gastronómicos son os cogomelos. O CES considera necesario informar e concienciar aos aficionados ao mundo dos cogomelos de cómo realizar a recolleita dos cogomelos sen que esta actividade provoque un impacto nestes seres vivos. Os fungos son esenciais no equilibrio natural dos ecosistemas no que se atopan, pois son os recicladores da materia orgánica. Tamén, e dun xeito totalmente práctico, os participantes poderán elaborar un saco de cultivo de cogomelos, recibindo as instruccións e o material para facelo durante a actividade, podendo levar o saco á súa casa para coidalo e para que medren os cogumelos.

A actividade realizarase o domíngo 28 de novembro, comezando ás once e media da mañá (11:30) na sede do Centro Comarcal do Salnés (paseo da Calzada), en Cambados. Terá unha duración aproximada de dúas horas.

Esta actividade é de balde e aberta a todos os públicos, sen necesidade de inscrición previa.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: