Publicado por: cesalnes | 23/10/2010

O CES dalle ao presidente da Deputación unhas directrices para a recuperación das beiras do Umia

Hoxe, sábado 23 de outubro, Marta Lois e Raquel González acudiron, en representación do Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), ao encontro que solicitou o Presidente da Deputación de Pontevedra, o Sr Louzán. O encontro produciuse ás 12h na Ponte Vella de Ponte Arnelas, nas beiras do río Umia.

O noso obxectivo, ao acudir a esta cita, foi o de mostrar sobre o terreo as melloras precisas que a administración deben realizar no Río Umia para recuperar un mínimo equilibro ambiental nas beiras do río ao paso por Ponte Arnelas, afectado dende fai décadas por intervención desafortunadas, tanto públicas coma privadas. De feito, o CES preparou un documento cunhas directrices xerais para a recuperación do bosque de ribeira neste tramo do río, no que se enumeraban as correccións que se deben facer tanto no paseo fluvial que a deputación realizou recentente como noutras actuacións. Un dos aspectos mais destacados no documento é que se debe manter (ou refostar) unha franxa de bosque de ribeira de alomenos 3m e medio de ancho, para que poida manter a súa función protectora do río. Por iso propuxemos retranquear a barandilla do paseo que actualmente está no bordo mesmo do río, impedindo a rexeneración do bosque. Aportouse unha copia ao presidente da deputación e outra aos técnicos que levan a cabo diversos paseos fluviais nos regatos da comarca do Salnés, coa esperanza de que realice estes cambios nos paseos xa feitos e sobre todo para que se teña en conta nos que polo de agora só están proxectados.

Na reunión, transmitimos a nosa preocupación polas actuacións nos ríos e regatos da nosa comarca que tan profusamente estanse a realizar. En moitas ocasións se presentan como obras de recuperación ambiental e sen embargo o resultado non é sempre favorable para a vida do río.

Por iso ofrecemos ao presidente da Deputación e ao seu servizo técnico a nosa colaboración para tentar adecuar os proxectos que se realizarán proximamente en varios ríos dos concellos da comarca no que o CES pode aportar un punto de vista mais ambientalista á hora de efectuar actuacións nun ecosistema tan fráxil e mal tratado como o fluvial. Esta óptica é crucial incorporala pois é o único xeito de frear a degradación da vida nos nosos ríos e regatos.

ACTUALIZACIÓN: incorporamos ao blog este documento de 14 páxinas coas nosas propostas:
Directrices reforestación Pontearnelas (pdf de 7,2 Mb)


Responses

  1. Boas, non vos esquenzades da preocupante aparicion de especies exoticas na zona, o mes pasado tiña unhas grandes manchas de Azolla na zona baixo a depuradora.

    Saudos

  2. Á marxe do que escriban as compañeiras responsables desta área de traballo, dicir que dende logo temos presente as especies invasoras, tanto vexetais como animais (na inspección do Proxecto Ríos deste mes apareceron 3 cangrexos americanos sen saír de Pontearnelas).
    Persoalmente, tampouco sei procede neste caso: á deputación non se lle está pedindo novos proxectos (un de erradicación ou control de invasoras estaría ben), pídese que meta menos a zoca coas accións que xa está levando a cabo.

    Saúdos

  3. ¿E como diaño chegaron cangrexos americanos aquí?.

    O que estaría ben, é que a diputación se deixara guiar por os que saben…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: