Publicado por: cesalnes | 19/07/2009

Colocamos unha pancarta contra o tiro ao pombiño á entrada do Grove

e-divertido-matarme

O Colectivo Ecoloxista do Salnés leva anos posicionandose en contra da celebración do Campionato do tiro ao pombiño, que un ano máis, estase a celebrar no campo de Tiro de A Toxa. Para o que algúns chaman deporte e diversión, para nós non é mais que unha mostra triste da barbarie que aínda, no século XXI, temos que soportar. Para o CES o sufrimento e morte dun animal (pombas, touros…) por pura diversión, non pode estar lexitimado por unha sociedade que se di evolucionada. Para toda persoa con un mínimo de sensibilidade, este campionato é a nota triste do verán do Salnés, e que non fai máis que retrotraernos a tempos que se din pasados.

Para facer visible a nosa postura, e para facer reflexionar a todo aquel que visite O Grove nestes días, o CES colocou unha pancarta de 5m sobre a C-550, á altura da rotonda de Ardia, onde aparece unha imaxe dun pombiño acompañado do seguinte texto: “É tan divertido matarme? Non á barbarie do tiro ao pombiño.”

Ante a novidade do anunciado uso da munición de cerámica ou acero (mal chamada ecolóxica) o CES recorda á Dirección Xeral de Conservación da Natureza,dependente da Consellería de Medio Rural, que no 2006 esta Dirección lle  abríu expediente sancionador á organización, instando á Hostelera del Noroeste, S.L a recollida dos perdigóns da franxa intermareal e da zona afectada do humedal protexido Umia-O Grove, colindante co campo de tiro. Dita limpeza a día de hoxe non foia cometida, nin tan sequera na franxa costeira, sinxelo e barato de facer. O CES quere recordar que esta situación non é nova, pois a organización deste campionato leva anos incumprindo a lexislación e ignorando as notificacións ao respecto de diversos departamentos públicos. Este incumprimento é por si xa un motivo suficiente para que as autoridades ambientais fagan un seguimento continuado deste campionato e se cercioren de que toda a munición non é de chumbo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: