Publicado por: cesalnes | 24/06/2009

Excursión ao Parque Natural da Serra do Xurés

folleto-xures-2

O CES, co fin de dar a coñecer aqueles espazos naturais galegos con grande riqueza paisaxistica e de importancia patrimonial e natural salientable, leva organizando dende fai máis dunha década unha saída anual a un lugar de fora da comarca do Salnés. Este ano o Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza unha excursión á serra do Xurés o próximo domingo 28 de xuño.

Unha fronteira que une: parque transfonterizo de Gêres-Xurés

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés ocupa  máis de 20.000 has das partes máis altas dos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños. Os seus límites lindan  co Parque Nacional portugués de Peneda-Gerês. Recentenmente a unesco ven de declarar a zona como Reserva da Biosfera.

A visita esta organizada do seguinte xeito:

  • Ás 9:00 Saída dende a praza de abastos de Cambados.
  • Ás 11:30 Visita á igrexa visigótica de Santa Comba.
  • Ás 12:00, en Bande, visita do campamento militar romano de Aquis Querquennis e o seu centro de interpretación.
  • Ás 14:00 xantar na área de descanso de Aquis Querquennis.
  • Ás 16:00 Ruta a pé polo Parque Natural da Serra do Xurés. A ruta que faremos é a dos miliarios de “A Ponte Nova”, que transcurre por un tramo restaurado da calzada romana XVIII que unía Braga con Astorga.
  • Ás 18:00 Fin da ruta na pozas do Riocaldo, onde poderemos darnos un baño nas súas augas morrnas.
  • Ás 21:30 chegada a Cambados.

A actividade será guiada por biólogos con experiencia en visitas de grupos por espazos naturais.

Para poder asistir é preciso comprar o billete de bus (que é un folleto informativo da excursión) no teléfono do CES (680580086)

Os prezos  dos billetes son de 10€ para os socios do CES e os nenos menores de 12 anos e de 15 € para os adultos non socios.

O plazo de compra remata o sábado 27 de xuño

É preciso levar un calzado e unha roupa adecuada para andar, así como que cada quen leve a comida e a bebida precisa, xa que a comida. Tamén é recomendable levar uns prismáticos.

Esta actividade é aberta a todos os públicos, coma todas aquelas que organiza o CES.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: