Publicado por: cesalnes | 08/07/2007

Os organizadores do campionato do tiro ao pombiño están a incumplir as condicións de autorización do evento

Este ano, tras unha ampla polémica social, a Consellería de Medio Ambiente e a Subdelegación de Goberno deu a autorización á Federación de tiro ao vuelo e aos promotores hosteleiros de A Toxa (Hotel Hesperia) para a celebración do “Campeonato de Tiro al pichón” nos días 6 ao 15 de xullo.

Máis esta autorización comprometía aos organizadores a cumplir uns requisitos que a Consellería de Medio ambiente impuxo:
– a substitución da munición de chumbo por outra (de porcelana ou de aceiro),
– instalación de pantallas protectoras eficaces, para evitar a caída de perdigóns ao intermareal do Humedal Protexido Umia- O Grove, onde non se pode empregar a caza con perdigóns de chumbo..

Nembargantes os promotores a día 2 de xullo de 2007, mediante unha nota de prensa manifestaron que non empregarán munición de chumbo e que o único que farán é presentar a nova munición “ecolóxica”.

Por isto o CES considera que estan incumplindo, denantes mesmo de empezar co campionato, as condicións da autorización provisional que lles concederon as administracións competentes, poñendo así en evidencia, un ano máis, o pouco respecto que a “Federación de Tiro al vuelo” e os coorganizadores teñen polas leis e a autoridade administrativa.

Así, o CES solicitará mediante un escrito á Consellería de Medio Ambiente, que lle retire a autorización concedida por incumplimento das condicións. No caso de que o campionato se faga igualmente solicitamos que se lles sometan a vixiancia exhaustiva no que respecta á caída de perdigóns de chumbo ao humedal protexido e se proceda á emitir as sancións convintes e á reparación ambiental do entorno.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: