Publicado por: cesalnes | 28/03/2007

Queremos saber como afectan os portos deportivos nos cetáceos. Bótanos unha man!

Estudo da Afectación dos Portos Deportivos nos Cetáceos.
Este estudo está desenvolvido pola CEMMA (Coordinadora de Estudio dos Mamíferos Mariños) en colaboración co CES.
Localización: O Porto Deportivo de Sanxenxo foi elixido pola CEMMA coma zona piloto dun estudo posterior máis amplo.
Obxectivo xeral: Avaliar a incidencia da navegación recreativa sobre a conduta dos cetáceos
Obxectivos específicos:
– Estudar as distintas reaccións dos cetáceos fronte ás embarcacións
– Cuantificar o grao de incidencia das embarcacións na presenza dos cetáceos
– Comparar a interacción dos cetáceos e as embarcacións en diferentes situacións
– Comparar o comportamento dos cetáceos en ausencia e en presenza de embarcacións
Temporización: Os datos tomaranse os días 31 de marzo e 1,2,3,4,7 e 8 de Abril. Cada día tomaríanse datos durante 6 horas, divididas en dúas quendas de tres horas.
Metodoloxía de traballo:
(1º) Toma de datos. Tomaranse datos da actividade portuaria seguindo unha ficha que se aportará aos voluntarios, os cales estarán organizados en quendas e cada quenda precisará polo menos de dous observadores e un deles sempre será alguén con experiencia neste estudo, da CEMMA ou do CES. As observacións faranse dende o miradoiro de Barreiros (Sanxenxo).
(2º) Tratamento dos datos. Os datos recollidos serán tratados posteriormente pola CEMMA, que elaborará un informe.

Se queres participar como voluntario na toma de datos, apúntate para cubrir algunha quenda chamando o antes posible ao teléfono do CES 680 580 086 ou escribindo un correo electrónico a cesalnes@yahoo.es, co asunto “Estudo de Portos”. Deberás comunicar:
– Nome e apelidos,
– Un teléfono de contacto
– Preferencias de quenda(s) a cubrir.

Recibide agradecementos anticipados pola vosa participación nas actividades.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: