Publicado por: cesalnes | 25/03/2007

O Colectivo celebrou a súa asemblea anual na casa de cultura de Meaño

O Colectivo Ecoloxista do Salnés celebrou a súa asemblea anual hoxe (domingo 25 de Marzo de 2007) en horario de mañá (de 12 a 14h) na casa da Cultura de Meaño, cedida para este acto polo Concello de Meaño.

A asemblea desenvolveuse no horario e na orde do día prevista. Así, tras a aprobación da acta da asemblea do 2006, o informe de contas e do balance de socios, procedeuse á presentación da memoria de actividades levadas a cabo polo Colectivo durante o ano 2006. Co fin de transmitir aos socios esta memoria dun xeito eficaz, proxectouse unha presentación multimedia das actuación levadas a cabo polo CES e elaborouse unha memoria impresa en papel onde dun xeito máis pormenorizado se explicaban estas actuacións.

Tamén na asemblea levouse a cabo unha renovación de cargos na Xunta Directiva, sendo substituído Víctor Caamaño, que ocupaba o cargo de Vicepresidente, por Raquel García, tras recibir o CES a solicitude de Víctor do seu relevo coma Vicepresidente da directiva. Tamén neste punto foi nomeada coma vocal da directiva a asocia Alba Hernández.

Como proxectos de futuro presentados pola directiva e complementados polas intervencións dos asistentes en Rogos e preguntas, decidiuse:

Continuar coas actividades de denuncia fronte aos actos que dende o movemento ecoloxista se perciben coma negativos hacia o desenvolvemento sostible, salientando tres aspectos principais: urbanización non respectuosa co medio e a paisaxe, alteracións nos cauces dos ríos e modificacións na dinámica das nosas costas.

Continuar coas actividades abertas mensuais que o colectivo, animado polo bo acollemento que teñen na comarca e por que contribúen a divulgar os valores naturais que encerra o Salnés.

Proseguir tendendo pontes e sinerxías con outros sectores sociais, colaborando con outras asociacións ambientalistas e doutra índole, participación nos foros sociais (Foro medioambiental de Sanxenxo e o foro da Axenda 21 da Mancomunidade do Salnés) e manter unha vía de comunicación con todas aquelas administracións con competencias na xestión ambiental na comarca.

Como proxectos de resultados máis concretos a directiva expuxo ante os asistentes os seguintes:

– Reeditar o libro “A enseada do Bao”, único libro editado ata o momento do Humedal Protexido Umia-O Grove, editado pola asociación pedagóxica do Salnés “Candea” coa colaboración do CES en 1991. Esta reedición persegue a actualización de contidos e aumentar o atractivo visual do libro.

– Elaborar un Plan de Restauración das barreiras de Rouxique, antiga zona de de extracción de arxilas situadas na costa de Vilalonga (Sanxenxo).


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: