INFORME DA CRÍA DO CHARADRIUS ALEXANDRINUS NO SALNÉS
A Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é un ave que aniña nas dunas e parte alta das praias e que se atopa ameazada e en forte retroceso debido á presión que se exerce sobre estes hábitats (destrucción do hábitat, masificación das praias, pisoteo, limpeza non selectiva, predación por cans…). Estes problemas non son alleos a praias con categoría de protexidas como A Mexilloeira ou A Lanzada, no Salnés, onde se desenvolven actividades e prácticas moi impactantes, non existindo, polo tanto, unha protección real.
