Esta concentración, organizada pola F.E.G. (Federación Ecoloxista Galega), da que formamos parte, pretende ser unha chamada de atención contra as nefastas políticas forestais da Xunta, como a falta de prevención de incendios e as talas descontroladas de frondosas.
O acto celebrarase en Cerdedo, lugar onde estes días o concello quere responsabilizar de maneira desmedida da prevención de incendios aos veciños e veciñas, obrigando a facer talas de carballos centenarios, castiñeiros, bidos e ameneiros nun breve prazo aos veciños baixo a excusa da prevención de incendios, incluso baixo a ameaza de expropiación das terras.
Pero este é so un exemplo da falta de xestión por parte da Xunta, así como a desprotección ao bosque e árbores autóctonos que se estende por toda Galicia.
Por iso é importante acudir en defensa dos nosos bosques autóctonos e montes, e por unha prevención dos incendios real e efectiva!!
Acude o 21 a Cerdedo!
