Publicado por: garza18 | 26/04/2012

Os ecoloxistas informan sobre os riscos da contaminación electromagnética

O mércores 25 de abril, celebrouse en Oubiña unha charla – coloquio sobre os efectos e riscos da contaminación electromagnética na saúde, a cargo de Xulio Carmona, membro da Asoc. Pola Defensa da Ría (Pontevedra), grupo incluído na Federación Ecoloxista Galega (ao igual que o CES, organizador do acto), e na Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética.

Na charla sinaláronse os distintos tipos de campos e emisións, facendo un repaso ás publicacións e declaracións científicas sobre o tema, así como aos ditames emitidos pola OMS e a UE, chamando a aplicar o principio de cautela, é dicir, que ante a evidencia estatística e experimental de efectos na saúde por exposición continuada a ditos campos, contemplar unha zonación que permita manter unha distancia suficiente de vivendas e colexios aos focos destas emisións. No caso da subestación eléctrica proxectada para Vilariño, e de acordo con dito principio de cautela, a distancia debera ser de 220 m.

Logo da presentación realizouse un coloquio cos asistentes. Nesta actividade participaron unha trintena de persoas.

A actividade tivo lugar no Centro Cultural Manuel Mariño Castro, dado que o Concello alegou unha suposta coincidencia de actividades para denegar o uso do Centro Cultural de Oubiña.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 465 segidores

%d bloggers like this: