Xa que en Febreiro celébrase a relevancia dos humedais, o CES tamén quixo participar da festa.
Aquí tendes algunhas das fotos que sacamos na actividade aberta que organizamos o sádado 11. Xa sabedes que consistía nunha visita ao xardín museo do escultor Manolo Paz e observación das aves acuáticas.
Aínda que a mañá foi fría, as belas e fortes sensacións que transmiten as esculturas de Manolo Paz e as aves acuáticas, fixéronnos entrar en caloriño.
Graciñas a Encarna e a Manolo Paz por facernos pasar unha mañá fermosa.
This slideshow requires JavaScript.