O mes de febreiro é o mes no que se celebra o día dos humedais. O Colectivo quere celebrar que temos un dos mellores expoñentes galegos deste tipo de paisaxes no corazón da nosa comarca: a enseada do Umia (LIC Umia O Grove). Cremos que unha boa forma de rendirlle homenaxe a este humedal é unindo arte e natureza.
Por isto organizamos dentro do noso programa “Actividades Abertas” a actividade ARTE e Natureza: entre as aves do Umia e o xardín do escultor Manolo Paz.
A cita é o sábado 11 de febreiro ás dez e media da mañá (10:30) na entrada da bodega Condes de Albarei (fronte ao colexio dos Salesianos) na parroquia de Castrelo en Cambados.
A xornada que se desenvolverá ao longo da mañá, comezará cun paseo ata un observatorio de aves na enseada do Umia, guiado pola presidenta da Sociedade Ornitolóxica Española-Pontevedra e tamén vogal do CES, Encarna González; coas súas explicacións e coa axuda de telescopios poderemos aprender da beleza das aves acuáticas que agora descansan na enseada.
Logo, aproveitando a proximidade do Museo Manolo Paz arte contemporáneo, achegarémonos a contemplar as esculturas deste autor que imprime o súa inconfundible arte no granito. Estaremos luxosamente acompañados polo seu autor, membro da Real Academia de Belas Artes e galardoado aquí e internacionalmente.
A actividade terá unha duración dunhas 3 horas aproximadamente.
É DE BALDE E ABERTA A CALQUERA! ( non precisa confirmación de asistencia).
É recomendable vir con roupa e calzado de campo.
